Activo un incendio forestal na parroquia de Feces de Cima, en Verín (Ourense)

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no Concello ourensán de Verín, parroquia de Feces de Cima, que segundo as primeiras estimacións afecta a máis de 20 hectáreas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2017 | Actualizada ás 20:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no Concello ourensán de Verín, parroquia de Feces de Cima, que segundo as primeiras estimacións afecta a máis de 20 hectáreas.

Este incendio comezou ás 17,15 horas aproximadamente e no seu control traballan un técnico, sete axentes, 13 brigadas, cinco motobombas, unha pa, seis helicópteros e catro avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta