Controlado o incendio de Xinzo, estabilizado o de Pantón e extinguido o de Lobios

O incendio forestal que afecta a unhas 30 hectáreas do municipio ourensán de Xinzo de Limia foi controlado. Pola súa banda, foi estabilizado o que arrasou unhas 200 hectáreas en Pantón (Lugo) e quedou extinguido o declarado en Lobios (Ourense).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2017 | Actualizada ás 11:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O incendio forestal que afecta a unhas 30 hectáreas do municipio ourensán de Xinzo de Limia foi controlado. Pola súa banda, foi estabilizado o que arrasou unhas 200 hectáreas en Pantón (Lugo) e quedou extinguido o declarado en Lobios (Ourense).

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume que se rexistrou na tarde do venres na parroquia de Toldaos de Pantón foi estabilizado ás 4,32 horas da madrugada deste sábado.

As últimas estimacións provisionais cifran a superficie afectada nas 200 hectáreas. No seu control participan 11 helicópteros, dous avións, nove axentes, 27 brigadas, 14 motobombas e unha pa.

Pola súa banda, foi controlado ás 1,50 horas deste sábado o incendio que comezou ás 16,50 horas do venres na parroquia de Damil do municipio ourensán de Xinzo de Limia.

A superficie afectada é de 30 hectáreas, case todas elas de monte raso. Nos labores de extinción traballan catro axentes, 14 brigadas, seis motobombas, catro helicópteros e catro avións.

EXTINGUIDO

Por último, quedou extinguido ás 4,00 horas deste sábado o lume rexistrado tamén o venres en Lobios (Ourense), parroquia de Araúxo.

As últimas estimacións cifran en 40 hectáreas a superficie calcinada, 38 delas de monte raso e outras dúas de arboledo. No operativo traballaron nove helicópteros, seis avións, catro axentes, 18 brigadas, seis motobombas e unha pa.

A Consellería de Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta