"Santiago Rey vive de impuestos revolucionarios"

Lendoiro a por todas contra o editor de La Voz. Resume do explosivo artigo no interior .

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/12/2010 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Augusto César Lendorio, presidente do Deportivo e ex-líder do PP da Coruña, e Santiago Rey, editor de La Voz de Galicia, son inimigos irreconciliábeis. O diario leva anos salientando a profunda crise económica do Deportivo. Hoxe, Lendoiro contraataca cun artigo de opinión que Depor Sport, o xornal que controla o club, leva a portada.

None

Faino co titular "Yo acuso", copia do famoso artigo de Zola, que Rey tamén utilizara para xustificar a súa liña editorial crítica co bipartito.

recisamente, Lendoiro acusa a Rey de virachaquetas. Así, asegura que foi "franquista con Franco, centrista con Suárez, socialista con Paco Vázquez y hoy ser lo que es". O presidente do Dépor carga tamén contra as grandes subvencións que recibe o xornal da Xunta e outros entes públicos, ao igual que outros medios. En concreto sinala que La Voz recibe "grandes subvenciones públicas" e asemade trata de "prohibir que al Deportivo le llegue alguna".

Segundo o ex-político do PP, Santiago Rey aplica "impuestos revolucionarios". É dicir, extorsiona mediante as noticias para obter axudas das administracións "por el método del tirón".
Mostra de que o enfrontamento supera o ámbito profesional é a foto escollida en portada (o editor tomándose unha copa) é a última acusación de Lendorio. Na súa opinión, "si [Santiago Rey] tuviera poder, yo estaría muerto al amanecer en María Pita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

20 tino

hoxe no panfleto antigalego pepeiro hai catro paxinas impares de publicidade da xunta por catro mil euritos cada unha: nos dan la módica cifra de 16.000 euritos de todos os jalegos para santi y su máquinA DE LA VERDAD¡¡¡¡ nun só dia.. alghunos non gañamos tanto...

1 VMS

Bueno, co bipartito había 12 páxinas, unha por cada consellería. Algo vamos mellorando, pero sí, a este home había que cortarlle o rolo dunha vez.

2 rosebud

Claro¡¡, por iso la voz foi tan probipartito, sobre todo nas eleccións do 1M.¿?, os feitos falan por sí sós.

19 kmáisda

Santiago Rey, os Cora de Lugo(El Projreso) e cantos máis, a prensa xa hai tempo que deixou de ser un servizo, con distintas visións, pra converterse nunha correa de transmisión do sistema, que é o que paga a traves de subvencións (pagadas por todos), estou a repetir o dito eiqui e noutros foros dez mil veces, agora Lendoiro, exemplo de honradez, cas contas do Depor nun secreto absoluto, cos seus fillos como grandes beneficiarios desa grande obscuridade nas contas, con salarios de ministro, nos ven a desvelar que !ollo eiqui hai trampa!.....revolución e todos o caldeiro, ti e os que denuncias.....ladróns....culpables directos da ruina e desgracia de moita xente que non o merece...todos pra o inferno

18 Guitián

Cando leo estos comentarios tan divertidos, ponderados e ecuánimes moito me lembro das barbaridades que os lectores dos xornais ultras (LD, PD, etc) lle dedican habitualmente a El País, por exemplo. E, claro, en El País, tremendo. Como na Voz.

1 Extremista

Como a ponderación que demostra Santi cando lle dá un arrebato de saña contra o que e quen non lle gusta. Pode estar dias e dias contando mentiras, practicando "realidade aumentada", e botando os cans sobre a presa, eses buenos chicos que os domingos teñen a honra de figurar na portada dixital, con fotos e todo. A diferencia e que esa saña pagamola todos cos cartos dos nosos impostos, e esta opinións que criticas fanse grazas a un medio que dá a suficiente liberdade para que a xente opine libremente (algo que deberia de facer La Voz dado o seu carácter xa semipúblico)

2 Guitián

Ei, "carácter" semipúblico". Máis de 55.000 exemplares de venda diaria ao número, cerca de 30.000 suscripcións e iso é ¡semipúblico!. Daquela Ryanair e Vueling que son, públicos de todo? O sector naval, os pescadores, os mineiros, os comercios que reciben ata a metade dun investimento vía Igape, as plantas acuícolas, os sindicatos, as contratacións vía subvención (nin sigo) que son? A Voz leva moi poucos cartos en relación á dimensión que ten, quen leva realmente son xornais que non os le nin a familia dos que esccriben. E, con todo, o EGM sígueo poñendo entre os máis lidos de España, no dixital medra a golpe de miles e miles máis de cada vez, e todo mentras os pseudonacionalistas de mesa camilla que nunca o compraron (nin falta fai que o compren) ladran polas esquinas das web a súa desolación tras comprobar que o mundo non lles fai maldito caso. Galicia é outra cousa e a xente non é tonta.

3 qrustazeus

Claro, Guitián, e Roberto Blanco Valdés, Luis Ventoso, Lois Blanco, Caneiro e cia. non son sospeitosos de ser ultras nen moito menos, non? seica non les un dia si e outro tamén as suas particulares daitribas carregadas de intencionalidade e incluso xenreira... En fin, está claro que La Voz é un diário de referencia para a maioria dos galegos, non cho discuto, pero tampouco que Tele 5 é a un dos canais de televisión mais vistos, por poñer un exemplo. Negar que Santi Rey se comporta como un matón de bairro ao servizo dos seus colegotes (dende Feijóo a Jove, por exemplo) é negar a evidencia. Temos que tragar con iso? La Voz é xornalismo de calidade? É veraz? É honesta? Non a todo.

4 Extremista

Considero moi pretencioso comparar as subvencións a sectores enteiros coa subvención a unha única empresa, dun sector non productivo, tan pretencioso como o carácter do único dono de La Voz, o mesmo ao que lle temos escoitado criticar as subvencións a outros "sectores" nun exercicio de cinismo. Dicir que 6M de euros en ano e medio (de todos) é pouco para un folletín que se adica a disparar contra os que non son da súa corda ou da corda dos poderes que defende xa me parece un despropósito. O da subvención de Ryanair sabemos dela pola Voz, o de Vueling non. Espero que iso de regalar exemplares non sexa por que o negocio non vai tan ben como nos indicas, por que outra explicación non ten. E o de ladrar, soa moi a PP, como a tendencia actual do folletín, que non só ten en contra aos nacionalistas como se vé nesta noticia.

5 rosebud

Os datos que cito son do EGM. A voz tiña no 2000 82000 exemplares ó número (algo impresionante nun pais como Galicia), en Novembro do 2010 achéganse a 45000. No 2000 os suscriptores eran pouco máis de 15000, agora achéganse a 30000 ¿?, curioso porque milleiros de suscriptores da voz non pagan a suscripción. INVERSIS, unha empresa paga a suscripción e busca suscriptores gratuítos/6 meses prorrogables e prorrogables e prorrogables... A Voz ten menos de 15000 suscriptores que paguen sumándolle as suscripcións públicas que tamén suman. É un dos mais lidos de españa, pero gracias a unha difusión gratuíta que pagamos todos día a día. Sobre que unha empresa de comunicación leve 1000 millóns de ptas en un ano e digas que é pouco é de risa. Sen axudas públicas a voz sería un xornal da cidade da coruña sen máis, e Radiovoz e VTV simplemente non existirían. Galicia é o que en parte gracias a La Voz de Galicia, niso estamos de acordo.

6 rosebud

Os datos que cito son do EGM. A voz tiña no 2000 82000 exemplares ó número (algo impresionante nun pais como Galicia), en Novembro do 2010 achéganse a 45000. No 2000 os suscriptores eran pouco máis de 15000, agora achéganse a 30000 ¿?, curioso porque milleiros de suscriptores da voz non pagan a suscripción. INVERSIS, unha empresa paga a suscripción e busca suscriptores gratuítos/6 meses prorrogables e prorrogables e prorrogables... A Voz ten menos de 15000 suscriptores que paguen sumándolle as suscripcións públicas que tamén suman. É un dos mais lidos de españa, pero gracias a unha difusión gratuíta que pagamos todos día a día. Sobre que unha empresa de comunicación leve 1000 millóns de ptas en un ano e digas que é pouco é de risa. Sen axudas públicas a voz sería un xornal da cidade da coruña sen máis, e Radiovoz e VTV simplemente non existirían. Galicia é o que en parte gracias a La Voz de Galicia, niso estamos de acordo.

7 Guitián

Carallo, como escoce (insisto no argumento inicial: os ultras que critican ao País porque lles doe en LD ou PD, aquí é o mesmo). Os datos que dei son corectos, non digo máis, pero se nos os cres, non me suicido. Eu leo a Voz. Hoxe ten 80 páxinas. Delas, políticas como tal, catro. No resto, as cousas que lle interesan á xente. A que paga anuncios, a que pon esquelas, a que o merca cada día. A que quere ver o que pasa de verdade coa dependencia, coa economía, cos asuntos que lle preocupan. Non coa Galicia de catro ultras. A que lle gusta ver temas que non dan os outros, a que respecta o galego dos que falan en galego, algo impensable no Correo, na Opinión, no Faro, no País. A que lle dá igual o que diga o BNG, formación que devece porque os seus xornalistas vaian ás súas roldas de prensa, ás que non van os outros,e se van que máis dá, porque ninguén se entera. A Galicia de verdade, non a dos fantasmas.

8 Extremista

Home, supoño que a ti non te escoce nada... por iso te achegas ata esta esquina da web irrelevante a defender a ese medio que lés todos os dias tan gustosamente. Espero que non sexas deses parviños que pagas relixiosamente o xornal mentres o veciño o lé de balde por que llo regalaron en calquera sito por comprar gominolas. Pero nada, nada, ti sigue lendoo, alegrome que sexas feliz, e non vexo por que tes a necesidade de ir por las esquinas da web a informarte doutras cousas. O do BNG, coincido contigo, algúns dos seus dirixentes son algo parvos nese sentido, en vez de ignorar a Santi e ao seu folletín con cada vez menos credibilidade, ás veces parece que lles gusta fustigarse.

9 Guitián

Como lector da Voz non son extremista nin intransixente, e por iso leo de todo. Gratuítos non: nin o Correo, nin o País co bipartito. E teño constancia de que o Xornal incluso se vende nalgunhes. Nunca entendín moi ben como a Voz medraba tanto no dixital e se mantiña no de pago en tempos de crise, mentras os demais se afogan.Ata os que odiades a Voz sodes lectores fieis.Por iso aumenta tanto. Bueno,non me parece ben. Prefiro que medre moderadamente, non tanto, para que non se lle suban os fumes aos seus redactores. Deixádeo de ler, ho! Que o lea a xente normal.

10 Guitián

Por certo, as axudas aos compradores de coches por dous meses suman máis que á Voz en dous anos. Xa non falo do resto de sectores.Por certo, Santi é Santiago Rey, imaxino. La Coz non sei o que é, supoño que o aforismo de La Voz. O que eu digo, un puñado de ultras de saldo de LD en GC, pero, que máis dá! PD: Premio Valores Humanos y Democráticos para Lendoiro,adalide da liberdade, igualdade, transparencia e democracia.

11 Extremista

Guitián como lector de La Voz, podes ser extremista ou non, igual que o lector de calquera outro medio, o resto da critica aos medios da competencia, xa dí moito de ti. O de Santi, si, efectivamente, é o que ti debes de coñecer como Ilustrisimo Santiago Fernandez Rey Latorre, espero que se o vexo pola rúa e lle chamo Santi non me ofreza unhas bofetadas como a outros, grazas a deus eu non visito campos de golf. As axudas aos compradores de coches son axudas ao consumo nun sector, non axudas á compra dunha marca en concreto, como o caso do que falamos, non si?, jesus diormio, non te dás enterado da diferencia, ou é que és parte interesada nesta discusión?... se o foras, ánimo, sabemos que Santi (con perdón) coloca ben aos seus, fixate quen leva a politica de Medios en Galicia, un extraballador da corporación, espero que non sexa este o motivo de tantos cartos que recibe para poder regalar a metade da súa tirada. Vexo que te escoce e moito para ser un simple lector.

12 Guitián

Joder, non che entendo nada. Poderías explicalo outra vez, por favor?

13 Extremista

Tranquilo home, non precisas entenderme, con lér La Voz xa te enteras de todo o que precisas, non perdas o tempo con outras realidades paralelas. Boas noites

14 Guitián

Coño, Matrix. Para outra vez, proba a escribir directamente en castelán, sen traducir, xa verás como tes expresas mellor e se che entende. E proba a non ser talibán e ser xente (expresión galega). Pero, que máis dá! A quen lle importades. Boh, vou durmir, que mañán teño que traballar, non coma ti.

15 Extremista

Si fareino, a ver se "mes expreso" mellor, o dito, boas noites home serio e traballador que ten que madrugar e comprar La Voz a primeira hora da mañá.

16 rosebud

A Guitián non lle importa nada, pero ven por aquí a dicirnos que non lle importamos.¿?, cando menos curioso. Se queredes saber o que é "La Coz de Galicia" non tedes máis que poñela na barra de direccións e ver a que medio de comunicación vos leva. Sabedes canta xente le La Voz de Galicia nas edicións de Vigo ou Pontevedra?. Porqué hai bares de Santiago que non a teñen na barra do bar?, porqué hai bares en Coruña que teñen 3 ou 4 exemplares e non pagan ningún?. Se se quere axudar a un sector coma o xornalístico haberá que darlle pasta ós que menos venden que son os que despiden persoal e non ós que mais, non?. Que dí a voz do Gurtel?, que dí de Estela Eólica 3ª adxudicataria do concurso do PP e formada por membros do PP?, que dixo la coz da fusión das caixas?, que dixo da corrupción de paco Vázquez?... en fin...hai moita "xente normal" que xa non soporta o tufo de la voz de Galicia. Mal vai un medio cando ten máis enemigos no facebook que amigos.

17 Rayleigh

Cando a xente coma Guitián, quédase sen resposta comeza a meterse coa sintaxe e a forma de escribir dos demáis. Sobre todo dan clases de galego. Xa que nos ponemos tiquismiquis co tema do idioma Guitián, a próxima vez, académico da língua di talib cando queiras chamalo a unha persoa. Por que talibán é o plural rapaz. E sobre a Voz, poida que en internet manteña o tipo, pero cada vez son máis os que buscan unha 2º opinión. Nosesimeexplico..A voz a len por que está ahí, pero o que pon non vai a misa.

18 Guitián

Carallo, a harmada das Galiza, os porén e os imposíbel (catro gatos), representantes da Galicia real, ponse chulapona. Vaia. Primeiro: http://buscon.rae.es/draeI/SrvltCon.... Segundo: o uso masivo de La Coz para referirse á La Voz está á altura intelectual do facherío que emprega Pepiño Blanco en vez de José. Sodes da mesma madeira. Terceiro: no EGM sube e sube a dixital, no último 15.000 usuarios únicos máis. E así cada vez. Cuarto: Ray, tés tantas faltas que non me chegan os 1.000 caracteres deste espazo. Insisto, mellor escribe no teu idioma, o castelán, que se che nota moito.

19 Manoleitor

A mellor proba de que "La Coz" afunde é a aparición de "espontáneos" coma "Guitián" a defendela con insultos, datos atrasados e/ou pouco fiábeis e comentarios chulescos. Por certo, non vexo que escribas mellor que o resto, e francamente, nun foro a ortografía e moi secundaria en relación ao contido. Supoño que non se che ocorre nada con que respostar e que por iso pasas a criticar a escrita e a tentar provocar pretendendo dicir a outros en que lingua postear. Cres que alguén vai facer caso a un troll incompetente coma tí?

20 Guitián

A min chéirame a can. Non é posíbel (ui) que a xente anti-Voz faga comentarios máis propios dalguén que non aparta ben dos coches. Eu creo que algúns dos que atacan á Voz (con notable éxito e fonda preocupación na empresa) teñen que ser realmente infiltrados nestes foros para facese pasar por eles. Non sei. Con inimigos coma estes, a Voz só deberá preocuparse dos amigos. Veña, chavales, máis sentido do humor, coño, que parecedes do Benejá Hauténtico(aí van todos a consultar á asemblea a ver que respostar). E, por certo, que é iso da Coz?

21 Manoleitor

Ai Guitián, que preocupadiño andas por defender a un grupo xornalístico que vive de recibir subvencións e contratos publicitarios a cambio de facer campañas de apoio á extrema dereita! Calquera diría que estás a xogar o teu soldo. Non respostaches a unha cousa: se este foro é tan insignificante e a 'Coz', que ben sabes o que é, non para de medrar, daquela non ten moito senso que malgastes o teu valiosísimo tempo defendéndoa. Non estás a caer nunha contradición?

22 Manoleitor

Ai Guitián, que preocupadiño andas por defender a un grupo xornalístico que vive de recibir subvencións e contratos publicitarios a cambio de facer campañas de apoio á extrema dereita! Calquera diría que estás a xogar o teu soldo. Non respostaches a unha cousa: se este foro é tan insignificante e a 'Coz', que ben sabes o que é, non para de medrar, daquela non ten moito senso que malgastes o teu valiosísimo tempo defendéndoa. Non estás a caer nunha contradición?

23 rosebud

A primeira contradicción é esa manoleitor, ladra porque algo anda cabalgando por ahí que non lle gusta. Porqué non soltarnos un: " as vosas argumentacións contéstanse soas"... e xa está. Porqué la coz de galicia (o dominio pertence ó mesmo xornal, se eles mesmos se autodefinen así, porqué non podo dicilo eu?) non informa das opinións dos líderes de CCOO, CIG, do propio presidente da RAG, e de líderes de BNG e PSOE que emitiron opinións dos seus propios grupos sobre a actitude e métodos de la coz?. Non é iso noticia?, a moitos galegos desde logo impórtalles esa nova. Tanto coma a Guitián mais ou menos. Perdón pola miña escrita, pero eu na escola tiven 99% castelán, xa sabedes a imposición do castelán que tivemos sempre e que la coz tanto loitou contra ela...

24 Guitián

Insisto no de apartar ben dos coches. E abráiome da cantidade de excelentes lectores que ten a Voz entre nos foreiros desta páxina. Mellores ca min! Vale, sectarios, si, pero lectores, que é o que importa. Iso do dominio está ben: vaite a dnsystem ou arsys(non creo que saibas o que é, con google é doado)e a ver o que pon. Xa me gustaría que noutros xornais respectasen o galego como na Voz, sen traducir declaracións. E gústame esta páxina como me gusta ver en LD aos que insultan a El País. Sodes da mesma materia, aínda que sexades intrascendentes. Jopetas, non me cabe nada. Hai que ser xeeente. Sentidiño do humor, chaváleis!!

25 Folologo

Vaia oh!, ao final o Guitián era o provocador do Manoliño... en fin... ti si que "tes expresas" ben rapas, e non como algúns que hai "entre nos foreiros" desta páxina, :D

26 rosebud

Seguramente calquera que te lea Guitián encontrará en tí unha soberbia e un sectarismo que ó mellor é maior que o noso. Os cartos e o poder sempre deixan un pouso de soberbia insoportable na xente. Pensa que a gloria neste mundo pasa pronto, e que o panorama mediático é así, e nuns anos pode non ser tanto así. "El ideal gallego" era o principal xornal do pais a comezos dos 70... mírao agora. Hai xente na Coruña que pensa que en toda Galicia só se le a Voz, e de cada 10 exemplares, 7 véndense (ou regálanse) nesta provincia. Está pasando algo no panorama mediático galego, soltas a palabra Voz de Galicia, en calquera foro e saltan comentarios negativos de moita xente. Pero tí tranquilo, son 4 sectarios e nada intelixentes, non coma tí, en realidade convén ter defensores da voz con argumentos e capacidade de análise coma os teus...

27 Guitián

Bueno, por fin chega o sentido do humor. Xa non paresedes do Benejá Hauténtico! En calquera foro, non, home, sós nuns cantos. Ti vas a Libertad Digital e semella que o País é Belcebú e que non o compra ninguén e que é o culpable de todos os males do país. Pois con vós, igual. Ultras aló, ultras acó. Entrañables todos. A Voz é a culpable de todas as penas. Ducias de miles de galegos, compradores e suscriptores, están nun erro: a Verdade Habsoluta téndela vós, os da mesa camilla. E, si, estou de acordo, pode que no 2050 as cousas cambien. Pero incluso entón haberá quen lle bote a culpa aos demais da súa propia cegueira, incompetencia e nimiedade. Con bo rollo, eh? E a seguir lendo a Voz, pero non a leades tanto! (Finis Gloriae Mundi: non ten que ver con Fisterra nin cunha muller que se chama Gloria).

28 Manoleitor

Guitián, non te metas con "Libertad Digital" nin con "Intereconomía", que como se entere Santi de que menosprezas aos seus compañeiros de cruzada ao mellor rematas na cola do INEM. Eses medios foron os fieis escudeiros da súa cruzada contra o galego, os audis (mercados case todos polo PP, pero iso non o poñas) e as neveiras de cámping. De feito boa parte do problema da 'Coz' é que os lectores non "intereconomistas" fúxenlle, e os outros teñen alternativas aínda máis auténticas e máis españolas.

29 Gui

Meterme con eles? Ca. Non, ogallá sigan moitos anos, igual ca vós. Tal para cual, e iso divirte moito na atonía mediática. Sodes coma eles, e sodes necesarios. A vosa entrañable teima antiVoz lémbrame o de "los muertos que vós matáis, gozan de buena salud". Isto non hai que tomalo ao pé da letra, é unha cita de Zorrilla... Boh, que máis dá? Que entenderedes.E, non, a Voz non gañou as eleccións. Foi o PP. A xente non é parva e vota o que lle dá a gana. Pero algúns no BNG (por certo, entre os 12.000 fans da Voz en FB hai moitos, como non podía ser doutro xeito) non o acaban de entender. (Esta xente é impagable, como ninguén me avisou antes deste foro?)

30 rosebud

O mundo non comeza nin acaba en La Coz e que perda influencia coma medio de referencia en Galicia (agora é o medio de referencia do 50% do pais, hai 10 anos do 100%) non merece tamaño latinazo. Un "Sic transit gloria mundi" élle seguramente máis acaído. A rede é unha putada para os media que queren acaparar todo, a rede permite outras visións, os galleguiños cada vez escapamos de unha soa e temos máis. Iso sempre é positivo. Por certo, que son do BNG dilo tí, debe ser que todo o que non pensa coma tí é un sectario, totalitario, benejer, poseedor da verdade absoluta... uff, tes un problema cos que non pensan coma tí, chaval....

31 Manoleitor

Manoliño, ... digo Guitián: segues sen explicar por que adicas o teu valioso tempo a defender a un medio que non o precisa. E polo que vexo tentas non entrar a valorar o feito de que 'La Coz de Galicia' comparte consignas con 'Libertad Digital' e 'Intereconomía'. Dame a impresión de que vas ser o mesmo que asina 'Manoliño' en moitos comentarios. Alomenos presentas síntomas un pouco semellantes. Por certo, 'rosebud', eu son coruñés e aquí tamén hai moitos que temos noxo a 'La Coz'.

32 rosebud

Que me vas contar manoleitor, se eu tamén son da Coruña, e suscriptor de La Voz de Galicia (gratuito por 6 meses máis disque) e conto coma un deses fieis 30000 suscriptores que ten o medio...é de risa se non fose para chorar. O meu número en realidade repártenllo ó meu sogro, que dixo que á súa idade non vai cambiar de xornal. Así polo menos consigo que non o merque nun quiosco... Tamén teño varios números gratis no traballo e no bar de enfrente hai 3 no mostrador... Eu merco Xornal todos os días. A calidade obviamente, hai que pagala.

33 galleguiño

Non sabía que "Los muertos que vos matáis, gozan de buena salud" fose unha cita da túa muller Guitián...perdoa, pero como eu tampouco leo La Voz de Galicia non teño acceso á alta cultura...(é unha broma é, non me malinterpretes, a ver se vai chover sobre mollado e che parece mal)...

34 rosebud

Pois vai ser que non é de Zorrilla meu querido Guitián senón de Ruiz de Alarcón, acabas de perder unha boa oportunidade de quedarte calado. Pero claro, quen son eu para rebatir nada cunha persoa tan culta coma tí...

36 profesor lumbreras

Celso Emilio tamén fixo uso desa expresión nun dos seus poemas versioneado nos anos 60 e 70 por, entre outros, Luis Emilio Batallán. http://espoesiadesdeagolada.blogspo...

37 Guitián

Carallo! Non podo saír a mexar!O Consello Nacional mobilizouse ou que? Non dou abasto, güendiola. Oes, galleguiño, que xa sei que é unha broma, home. Ademais, humor do bo. Aquí rascas algo e aí che veñen os clásicos. Oes, Rose, que ti si que parece que tes a EXB acabada, xa sabes que esa frase se lle atribúe erroneamente (eu o primeiro) a Zorrilla (ui, que palabra, un estadio de fútbol e todo). No entanto, http://www.mundoclasico.com/2009/do.... Vexo que a Voz reparte «gratuítamente por todas partes», menos a min! Como se fai para iso? Ou sexa que ti es un dos 850 que mercan Xornal. Pois moi ben, home, moi ben, uns pouquiños máis amigos e xa seredes tantos como Atlántico Diario ou incluso como o Club de Leones Marineda de La Coruña. Insisto, eso de La Coz, que é?

38 rosebud

Que sexa un erro común non te exime de nada Guitián, e máis cando vas pontificando por ahí a orixe da frase sen ter tí mesmo nen puta idea de onde ven. Dicíao por iso. Pero bueno, "se son burro, pero é que os demáis tamén", che consola pois vale. Nos tempos da internet é moi duro ir pontificando por ahí sobre calquera cousa. Xornal xa vende máis que o Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa...e desde logo fomenta máis debates e provocou máis feitos no poder que todos eses xuntos. Na rede é o predilecto de todos os lectores de lavozdegalicia.es, ou como é o meu caso lacozdegalicia.es, que vai a dar ó mesmo sitio.

40 Guitián

Bueno, xa vai saíndo a bilis. O do sentido do humor en vós é unha Hutopía. Estaba contida a bilis, peto ao final é o que digo eu: sodes como o facherío que postea en LD, PD. Que si, que si, que Xornal é unha pasada (a ver se algún día se deixa controlar pola OJD, por ceto). E, en canto ao dominio, vas a nic.es e miras de quen é, que é o que o reenvía. Eu non poño dos datos pola LOPD, pero seguro que xa os ves ti (non, non tes a EXB acabada, fou un erro meu). Ao final, resulta que os críticos son os mellores lectores da Voz, en papel e en dixital. Máis ca min!! Así non vale, xogades con vantaxe, ventaxe, vantaxa, vantagèm ou como digades.

41 rosebud

Tranquilo meu, que non se che note a tí a bile, padeces un pouco dos nervios. Eu como non teño a EXB, pero xa che teño a tí para que me ilumines, e a lacozdegalicia.es onde ,non sei o porqué, hai un xornal ó que estou suscrito gratuítamente pagado por todos. Moitas gracias. Resúltame curioso, máis Xornal, ese que non lé ninguén, ten agora a mesma publicidade de Novacaixagalicia que lavoz, cando antes la voz estaba chea de insercións publicitarias de CG. Agora ademáis la voz ten publicidade extra da fundación do señor Méndez. O soldo de mendez en Sacyr-Vallehermoso segue a ser un segredo para os lectores exclusivos de la coz. Unha mágoa, así entenderían mellor quen é ese individuo. A cousas así me refiro cando digo que lacoz manipula a información e minte. Non a outra cousa. Sen contraste de información calquera sociedade está podre.

42 Guitián

Si, home, si. Resulta que hai un tipo que crea o dominio de la coz e o redirecciona cara a Voz, unha estratexia de enorme perspicacia e abrumadora intelixencia, e resulta que hai xente que cre que ese é un dominio da Voz!!! E acabas de enterarte! Non debería asombrarme, vendo o nivel dos comentarios deste foro. La Coz non sei o que é. La Voz é un xornal con entre 68 e 96 páxinas que informa de mil cousas pequenas e grandes a diario, incluso de política, as que lle interesan á xente, as que lle serven á TVG e outras canles para facer polo morro os seus programas, as que os colocan no grupo líder nacional (refírome a España) en vendas e lectores en papel e dixital. Esa é a Voz que coñezo. Coz era un grupo, por certo dos meus tempos moi mozos. De que bile falas? Da canción de Phill Collins? Bile don't you lose my number... Eu non teño idea de canta publicidade ten cada un. Insisto: ti estás todo o día lendo a Voz!! Así tes vantaxe, ventaxe, vantagem, etc...

43 rosebud

Non te agobies, que che amenazaron cun ERE na empresa ou qué?.. Eu non fun o que redireccionou a páxina, pero mírao polo lado bó, así lavozdegalicia.es gaña máis visitas. La Voz é un xornal de dereitas, galego. Manipulador, sectario e mafioso que vende información e vende SILENCIO. Silencio para só facer xornalismo de investigación para algúns, pero non para todos, para falar do ben ou mal que o fan algúns pero non todos. Un xornal que está en regresión en Galicia, que foi de referencia en Galicia como ningún en España e agora xa non o é pola torpeza dos seus dirixentes. Cando a xente galeguista hai 10 anos quería unha voz en galego, e agora nin 100% en galego a lerían porque o contido e o que non publica fan que apeste. E a xente que a lé por inercia ten unha grave falla de información do que acontece en Galicia. Lóxico que escoitases a Phil Collins nos seus bós tempos, eres da xeración que le a coz de Galicia.

44 rosebud

Mais iso sí, se queres saber as últimas aventuras do porquiño Quinín, que un veciño da Laracha ten unha nabiza de 4 metros de largo, unha vaca no Incio paríu un cucho de tres cabezas e dous rabos, que o peluqueiro de Marilyn tiña unha tía que era dunha aldea de Betanzos ou fotos de feismo sen dicir que políticas e que partidos levan a cabo unha política urbanística que permite esa desfeita... pois entón sí, o teu xornal é lacozdegalicia..con exclusividade, e que che preste. Outros preferimos contrastar a información.

45 rosebud

Un exemplo da importancia de contrastar a información. Mentres aquí la voz lle facía comidas de polla a Fraga a diario, viaxamos un pouco pola rede e lemos isto por exemplo, unha visión un pouco diferente da que se tiña no pais por aquel entón: http://www.nytimes.com/1999/12/22/w...

46 Guitián

É o que eu dicía, rascas e sae o o veleno. Insultar, insultar, como os fachas contra os progresistas. E sentido de humor, cero. "Mafioso", "apesta"... uau, nivelassso. Eu, ERE, non, porque isto non me afecta nada. Pero, a ver se vas ser ti un dos que botaron por certos temas e sáeche o resentimento polo bile don't you lose my number. O da Coz (insiiiisto) é dunha altura intelectual elevada, un achádego crítico insuperable. Joder, les todo-todo. Xente coma ti é a que necesitan para sacar o país adiante. Como era o da nabiza esa?? Conta, conta, que te vexo moi enterado. Hoxe xa contrastaches: xa sabes o que é o nic e que se poden redireccionar as web dende os dominios. Hala, mijiño, xas vas contento para a cama. (País, que diría Forges) (Forges=Fraguas en inglés)

47 Guitián

Boh! O do NYT está en inglés! Non sei se sabes que o traductor de Google é moi malo. Como te vas a enterar do que di? Non ves que fraga vaino poñer ao final como forest?

48 rosebud

Faime gracia a maneira que tes de aparentar que sabes algo de algo. Probe home, catro cousiñas da rede e xa ten para fantasear. Porqué botaron a xente da Coz por certos temas?, sería por dicir verdades e non ir por tanto conforme ó libro de estilo e liña editorial do xornal?. O Times sacara no 2005 un artigo sobre don Manuel, "O último ministro franquista abandoa o poder" dicía, mágoa que non o atope agora pola rede. E o Times é conservador¡¡¡. Sobre os meus coñecementos de inglés, home, danme para non precisar de tradutor, mais recoñézoche que co middle english teño algúns problemas sobre todo cando leo a Chaucer. E non digamos co Old English por suposto. Beowulf lino na traducción de Seamus Heaney a inglés moderno que, como saberás, respeta no posible a cadencia do verso aliterativo tan típica da poesía anglosaxona.

49 Guitián

Ti (e os que so coma ti) si que sabes. Pontificas que dá gloria, adiós contento. A Voz é tal, eu son tal, punto y final. A ver, chavalote, o Times inglés é conservador. O NYT de "novaiorque" é o máis parecido á esquerda que hai, en grandes medios, en USA. Joder, que tropa, como Romanones. Heaney?? A ver. De onde é? a) Irlandés. b)Escocés. c) Sumatrés. d)Surinam. Tiempo!(O que hai que ler!)

50 rosebud

A ver chavalote o Times é o Times, ou o London Times como eles mismos se ven obligados a citarse para evitar ambiguedades. A ese diario conservador me refiro que saíu no 2005, non me salves a vida por favor, se cho cito é porque non é o anterior que amoso,do 1999 do NYT que o atopei buscando o primeiro. A anécdota fai máis gracia vindo do orixinal londinense obviamente por ser símbolo da prensa conservadora. Heaney ten cando recita Beowulf un marcado /r/ irlandés que tira para atrás... sigues dando peniña Guitián. Eu non pontifico, só rebato cousas que dís...

51 rosebud

"O Times sacara no 2005 un artigo sobre don Manuel, "O último ministro franquista abandoa o poder" dicía, mágoa que non o atope agora pola rede. E o Times é conservador¡¡¡". Para ler hai que pagalo, pero aquí podedes ver a entrada ó artigo que cito do 2005 no periódico londinense: http://www.thetimes.co.uk/tto/publi...+minister&p=tto&pf=all&bl=on Guitián ademáis de equivocarse e faltar moito á verdade ten problemas de comprensión lectora.

52 rosebud

Máis datos para guitián, para que vexa que con só ler la coz de galicia non chega no século XXI. Que nos amose Seamus mellor de onde procede: http://www.youtube.com/watch?v=CbvE...

53 Guitián

Cando metes a pata tratas de darlle a volta as cousas. Boh, que máis dá. Primeiro apóiaste na web de lacoz para xustificar que é o mesmo e de aí o nome, e logo entéraste que iso é unha chuscada técnica. Logo nin diferencias os Times. Abraiante a pedantería filolóxica do que criticaba dar datos. Sabes máis da Voz que os lectores veteranos! E o sentido do humor que te caracteriza aparece unha e outra vez. E ten gracia que lle fales do Times a quen, por circunstancias, ten lido uns cuantos. Pero, que raios é a Coz? E que foi da nabiza de Quinín? (Jo, que tropa). Chavalote.

54 rosebud

Uff, déixao meu. A Coz é un chiste e unha maneira de difamar.. nin un neno de 6 anos pensaría que o xornal ía aceptar o dominio cun nome que o difama. O artigo de don Manuel ministro de Franco dixen que era do Times do 2005 e ahí tes o enlace. Non o atopei ó primeiro, e encontrei un do 1999 do NYT que valía igual, xa que mentres aquí falabamos de don manuel o noso grande presidente, a prensa estranxeira falaba de que un fascista ex ministro de Franco gobernaba o pais. Eres patético ata defendéndote, quen aquí veña a ler isto (que se está voltanto repetitivo e aburrido por certo) non creo que leve de tí unha opinión de persoa centrada, non sectaria e culta como intentaches ó primeiro do post. Síntoo. E lacoz está cavando a súa propia fosa, non o digo só eu, tamén algún redactor do medio que non lle queda outra que arrear e tirar para adiante.

55 rosebud

Soe suceder ademáis que algúns van por lá e voltan trasquilados. Entran nun foro a rirse dos que por alí postean, humillando, cheos de soberbia. Que saberedes vós da vida rapaces?. Recibe algunha contestación que o deixa en evidencia e non sabe como deixar o post con dignidade tras 55 mensaxes... Déixao Guitián, isto é moito para tí, razoar, dar argumentos lóxicos, dialogar cunha base cultural, contrastando datos... uff fáiseche moi duro. E iso que non acabei a EXB porque non dou arrancado co inglés.. que se non.. mimá...

56 Guitián

Bueno, cheguei. Xa tou na casa. Escribir nun coche, aínda co kit de Telefónica, non é doado. Velaí que teño diante un Keats. Ai, non, un Yeats, que che sae e vena irlandesa e non a inglesa. Centrémonos. Bueno, calificas: isto ben, isto mal, isto difama, punto y se acabó. Repartindo carnés do que está ben e está mal. Home, ten gracia que digas que veño rirme de ninguén cando dende o primeiro post o único que hai son insultos á Voz. É dicir: os mesmos que os fachas lle brindan á prensa progresista. E ten máis gracia que o faga un excelente lector da Voz coma ti, dende logo máis lector ca min. É imposible razoar con quen está tan cegado polo odio que nin é capaz de explicar por que lle chama Coz ao que ten un nome e só con animo de inxuria. E, si, home, si, que tes máis ca EXB. Que si. Que falas inglés. Que era ironía: intelixencia con sentido do humor.

57 Guitián

"Manipulador, sectario e mafioso que vende información e vende SILENCIO". Non hai coma ler a modo. Toma mensaxe sosegada e culta. Esta é a xente que temos en Galicia. Díxeno antes: nacionalistas de mesa camilla que reparten carnés e que tolean cando vén que a realidade vai por outro lado, se cadra porque os galegos non ven a luz da Verdade.

58 un que por aquí pasaba

Pois eu non digo nada pero remítome ó que dixo Rosebud: Soe suceder ademáis que algúns van por lá e voltan trasquilados. Entran nun foro a rirse dos que por alí postean, humillando, cheos de soberbia. Que saberedes vós da vida rapaces?. Recibe algunha contestación que o deixa en evidencia e non sabe como deixar o post con dignidade tras 55 mensaxes... Déixao Guitián, isto é moito para tí, razoar, dar argumentos lóxicos, dialogar cunha base cultural, contrastando datos... uff fáiseche moi duro. E iso que non acabei a EXB porque non dou arrancado co inglés.. que se non.. mimá...

59 Guitián

Joder, eres unha mina. O London Times? Que falas, do gratuito LT? Ou do Times of London? Pero en serio coñeces a prensa inglesa? Distingues aos conservadores dos monárquicos? Que che parece o Daily T,. daquela? E, home, xa que estamos, que tal hoxe a Voz? Manipula moito ou fala de ciencia, sucesos, sociedade, novidades locais, deporte, medio ambiente, comunicación....? Non puiden lela con tranquilidade. Ou ataca ao BNG e por tanto traizoa á nazón galega? Chavalote, que perde venda xa o sei. A Voz, a mecería de abaixo e a Citroën. Son tempos duros.Hard times for these times, sure. Pero máis para uns que para outros. Sobre todo na prensa galega, nonsí, nonyes?

60 Guitián

Rose, comentario 23: "Porqué la coz de galicia (o dominio pertence ó mesmo xornal, se eles mesmos se autodefinen así, porqué non podo dicilo eu?" Rose (of Cimarrón), comentario 54: "nin un neno de 6 anos pensaría que o xornal ía aceptar o dominio cun nome que o difama". Rose/Ray, darling, cantos anos tes?

61 un neno de 6 anos

Da wikipedia:"The Times es llamado a veces por gente ajena al Reino Unido The London Times o The Times of London para distinguirlo de los otros muchos Times, como puede ser el The New York Times. Sin embargo, éste es el periódico Times original. Es además el creador del tipo de letra Times New Roman, desarrollada originalmente por Stanley Morison del The Times en colaboración con la Monotype Corporation." Sobre a Coz, que tanto lle agobia, enténdese un comentario irónico, "como o poño e me leva a eles é porque asumen o termo". Como era eso da ironía: intelixencia con sentido do humor?. jo, que chuli, debater con vostede ó seu nivel...

62 Guitián

E vira, e vira, e volve a virar... A min a frase que me deixou tocado foi esta: «Lóxico que escoitases a Phil Collins nos seus bós tempos, eres da xeración que le a coz de Galicia».

63 Eue

Ai Guitián, eres un "galleguiño" prototípico: que nega o que é. Eres un mamporreiro de Santiago Rey/La Coz (=La Voz), asalariado del con toda seguridade, e un chulo barato, con ínfulas de listillo (pero só tes as ínfulas, oes, de estilo andas escaso).

17 Mastro

La Voz, recibiu subvencións e cartos públicos por parte da Xunta do PP no equivalente ao que sería dabondo para darlle 1€ a cada galego. E esa cantidade só dende que Feijoo é presidente. Só para a nova rotativa, agasallaronos con 2.000.000€ Iso si non é amiguismo, prebenda, e reparto discreccional dos nosos cartos que pagamos impostos, si non o é que baixe Cristo en calzóns e que nolo explique porque non é doado de entender tanta afinidade entre La Voz e o goberno do PP.

16 Gamela

I Guerra Dixital Mundial (Paper Storm) http://www.wikifiltraciones.com/?p=...