"Santiago Rey vive de impuestos revolucionarios"

Lendoiro a por todas contra o editor de La Voz. Resume do explosivo artigo no interior .

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/12/2010 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Augusto César Lendorio, presidente do Deportivo e ex-líder do PP da Coruña, e Santiago Rey, editor de La Voz de Galicia, son inimigos irreconciliábeis. O diario leva anos salientando a profunda crise económica do Deportivo. Hoxe, Lendoiro contraataca cun artigo de opinión que Depor Sport, o xornal que controla o club, leva a portada.

None

Faino co titular "Yo acuso", copia do famoso artigo de Zola, que Rey tamén utilizara para xustificar a súa liña editorial crítica co bipartito.

recisamente, Lendoiro acusa a Rey de virachaquetas. Así, asegura que foi "franquista con Franco, centrista con Suárez, socialista con Paco Vázquez y hoy ser lo que es". O presidente do Dépor carga tamén contra as grandes subvencións que recibe o xornal da Xunta e outros entes públicos, ao igual que outros medios. En concreto sinala que La Voz recibe "grandes subvenciones públicas" e asemade trata de "prohibir que al Deportivo le llegue alguna".

Segundo o ex-político do PP, Santiago Rey aplica "impuestos revolucionarios". É dicir, extorsiona mediante as noticias para obter axudas das administracións "por el método del tirón".
Mostra de que o enfrontamento supera o ámbito profesional é a foto escollida en portada (o editor tomándose unha copa) é a última acusación de Lendorio. Na súa opinión, "si [Santiago Rey] tuviera poder, yo estaría muerto al amanecer en María Pita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

15 riki

imprimir e comprar "depor sport" e poñelo nas rúas e nos bares para q a xente se entere como nos minten e engañan os da coz

14 melo

hai que encher e pegar nas rúas das cidades e das vilas a portada deste xornal ( depor sport )para a xente se vaia enterando "quén é" este elemento e as informacións manipuladas e mentirosas que publican.

13 tuel

o mellor que lle podía pasar a Galicia e que este medio mafioso e sectario desaparecese. Galicia quedaría liberada da chantaxe da mentira e da impunidade.

12 comiK.O.

Asegura que (Santiago Rey) foi "franquista con Franco, centrista con Suárez, socialista con Paco Vázquez". Tendo em conta que todos representam à direita, fica claro que Santiago Rey é de direitas de sempre.

11 Bebedor

Santi vai facendo amigos polo mundo adiante..... O problema non é que el sexa un chulapón, senon que esta xogando con postos de traballo de xornalistas profesionais ao levar a empresa ao tacho, por que evidentemente, se hai problemas, os pelotas seran os últimos en ser despedidos