Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/12/2010 | Actualizada ás 10:29
Augusto César Lendorio, presidente do Deportivo e ex-líder do PP da Coruña, e Santiago Rey, editor de La Voz de Galicia, son inimigos irreconciliábeis. O diario leva anos salientando a profunda crise económica do Deportivo. Hoxe, Lendoiro contraataca cun artigo de opinión que Depor Sport, o xornal que controla o club, leva a portada.
Faino co titular "Yo acuso", copia do famoso artigo de Zola, que Rey tamén utilizara para xustificar a súa liña editorial crítica co bipartito.
recisamente, Lendoiro acusa a Rey de virachaquetas. Así, asegura que foi "franquista con Franco, centrista con Suárez, socialista con Paco Vázquez y hoy ser lo que es". O presidente do Dépor carga tamén contra as grandes subvencións que recibe o xornal da Xunta e outros entes públicos, ao igual que outros medios. En concreto sinala que La Voz recibe "grandes subvenciones públicas" e asemade trata de "prohibir que al Deportivo le llegue alguna".
Segundo o ex-político do PP, Santiago Rey aplica "impuestos revolucionarios". É dicir, extorsiona mediante as noticias para obter axudas das administracións "por el método del tirón".
Mostra de que o enfrontamento supera o ámbito profesional é a foto escollida en portada (o editor tomándose unha copa) é a última acusación de Lendorio. Na súa opinión, "si [Santiago Rey] tuviera poder, yo estaría muerto al amanecer en María Pita".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.