"Santiago Rey vive de impuestos revolucionarios"

Lendoiro a por todas contra o editor de La Voz. Resume do explosivo artigo no interior .

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/12/2010 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Augusto César Lendorio, presidente do Deportivo e ex-líder do PP da Coruña, e Santiago Rey, editor de La Voz de Galicia, son inimigos irreconciliábeis. O diario leva anos salientando a profunda crise económica do Deportivo. Hoxe, Lendoiro contraataca cun artigo de opinión que Depor Sport, o xornal que controla o club, leva a portada.

None

Faino co titular "Yo acuso", copia do famoso artigo de Zola, que Rey tamén utilizara para xustificar a súa liña editorial crítica co bipartito.

recisamente, Lendoiro acusa a Rey de virachaquetas. Así, asegura que foi "franquista con Franco, centrista con Suárez, socialista con Paco Vázquez y hoy ser lo que es". O presidente do Dépor carga tamén contra as grandes subvencións que recibe o xornal da Xunta e outros entes públicos, ao igual que outros medios. En concreto sinala que La Voz recibe "grandes subvenciones públicas" e asemade trata de "prohibir que al Deportivo le llegue alguna".

Segundo o ex-político do PP, Santiago Rey aplica "impuestos revolucionarios". É dicir, extorsiona mediante as noticias para obter axudas das administracións "por el método del tirón".
Mostra de que o enfrontamento supera o ámbito profesional é a foto escollida en portada (o editor tomándose unha copa) é a última acusación de Lendorio. Na súa opinión, "si [Santiago Rey] tuviera poder, yo estaría muerto al amanecer en María Pita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

5 rosebud

Moi elocuente o do "Imposto revolucionario" a La Voz de Galicia por parte de calquera político galego que queira seguir vivo. Exemplos do "caciquismo informativo" hai moitos. Os lodos de Alúmina-Aluminio non tiñan as inspeccións pertinentes dí Xornal tras o desastre de Hungría. La Voz informa de que sí están en regla e van facer máis inspeccións próximamente. Alcoa pon en páxina dereita e a toda cor un anuncio durante máis dunha semana no medio. Antigo concurso eólico=anuncios a toda páxina de iberdrola. Novo concurso eólico=anuncios a toda páxina de endesa e Fenosa. Prefusión das caixas=anuncios e trato favorable de CaixaGalicia. Postfusión das caixas=Novacaixagalicia trata por igual a todos os medios galegos, pero a fundación caixagalicia ten nova publicidade diaria exclusivamente en La Voz de Galicia.... E así ata o infinito...

4 Fernando González

Esta noticia ten que ser unha gozada para Conachan, co meme "Oistes" que protagoniza Lendoiro!

3 Xaime

Primeiro foi La Región (xornal de tendencia pepera histórica) co dos anuncios da Xunta, logo algo semellante co Atlántico Diario, xornaliño da orbita do PP (sobre todo na sua orixe) da area metropolitana de Vigo. Agora ven Lendoiro (ex-presidente da deputación da Coruña co PP) en ataque frontal a Santi Rey polo seu papelón. Porque será que os ataques máis contundentes ao FEIJOISMO, veñen dende a propia órbita do PP?

1 Roi

Xaime, La Región e o Atlántico son do mesmo dono.

2 Xirimbao

La Voz foi unha gran empresa ata que a heredou o fillo incompetente. É unha vella historia de moitas empresas familiares. Santiago Rey nun par de anos convertiu un medio histórico galego e español nunha gacetiña localista ó nivel de La Region, El Progreso ou El Correo Gallego. De aquí a pouco regalarán La Voz ca compra do ABC. Tempo ó tempo.

1 dario

Ao meu fillo, fai uns días regaláronlla na escola.

2 Pedro

Darío non o permitas, La Voz trae anuncios de puterío que non deberían estar ao alcande dos rapaces.

3 DanielErreCe

Darío, ao meu neno tamén lla deron. Viña todo contente co libelo na mochila para ensinarmo. Díxenlle: "Home, déronche a Coz... (o pobre non sabía de que ía o conto) Meu neno, dille ao profe que non che regale máis ese panfleto. É mellor que che dean un chicle ou un caramelo. Aí non contan máis que mentiras". O que está claro é que teñen uns programas de márqueting do máis elaborado, pero na miña casa non a colan.

4 rosebud

Pois o valedor do pobo que é tan mirado para outras cousas. Debería ver se é importante ou non que un neno leve un xornal con anuncios de prostitución nas súas páxinas. A voz é un gratuíto. No ano 2000 tiña 82000 en venta ó número (un número impresionante en Galicia), este ano esta nos 45000 ó número. Como fago unha difusión de máis de 100000, regalándoa obviamente. En Novembro do 2010 a voz por primeira vez xustificou unha difusión de 97000 exemplares, xa non pode superar eses 100000 nin regalados. Sen subvencións obviamente sería o Faro de Vigo na Coruña con números e influencia similar.

5 UnMinutoDePublicida

E isto non pode considerarse utilizar o sistema publico de ensino para favorecer a unha empresa?. Como se entere Jazztel, Cocacola, etc... De que en Galicia se pode empregar aos nenos dende a escola para facer publicidade estamos apañados, imos ter que comprar mochilas mais grandes para que os nenos traian lotes de publicidade. A menos que só as empresas amigas de Feijoo teñan ese dereito....

1 rosebud

Moi ben Lendoiro. Verdades coma puños para todos, non só para algúns. O de La Voz non é propio de ningún pais democrático.