O encaixe de Camariñas inicia en Fitur a súa carreira por converterse o próximo ano en Festa de Interese Nacional

O encaixe de Camariñas está presente dentro do stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, co obxectivo de iniciar a súa carreira por converterse o próximo ano en Festa de Interese Nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2018 | Actualizada ás 18:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O encaixe de Camariñas está presente dentro do stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, co obxectivo de iniciar a súa carreira por converterse o próximo ano en Festa de Interese Nacional.

Encaixe de Camariñas en Fitur
Encaixe de Camariñas en Fitur | Fonte: Europa Press

Até o domingo, día 21, todos os asistentes a Fitur poderán gozar na caseta de Galicia do encaixe de Camariñas, unha pequena mostra da artesanía centenaria que serviu de sustento á actividade económica da localidade durante séculos.

"Loitamos cada día por manter unha tradición que forma parte da vida de Camariñas e para que poida seguir sendo o noso motor económico", en palabras de Beatriz Dios, profesora de encaixe e unha das artesás presentes en Fitur 2018.

Esta presentación en Madrid é a antesala da Mostra do Encaixe 2018, que se celebra en Camariñas en Semana Santa desde 1991 e na que se dan cita miles de persoas, entre artesás e público. Actualmente, o municipio conta con máis de 2.000 'palilleiras' locais.

O obxectivo da difusión desta actividade é conseguir que a mostra desta disciplina sexa recoñecida como Festa de Interese Nacional en 2019.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta