Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/01/2011 | Actualizada ás 19:08
"Os movementos sociales tiveron moita importancia en Galicia, tanto nos temas de xustiza como de independencia. E aínda os teñen. Hoxe mesmo, camiñando por Santiago, puiden comprobalo". Así comeza a primeira parte desta entrevista que GC realizou coa profesora e Directora de Socioloxía no Departamento de Política e Ciencias Sociais do Instituto Europeo en Florencia.
Della Porta suliña que Santiago é unha cidade onde hai "moitos mozos que veñen de moitos países", polo que se pode comprobar como as temáticas sociais "están globalizadas" e están ligadas aos grupos mozos e cosmopolitas. "O tema de xustiza, da independencia desta xeneración moza, e no mundo, son afrontados como temas que teñen que ver non só cun país ou unha nación determinada, senón nunha dimensión global, precisa.
Xustiza social e dereitos da muller
Así, asegura que nestes movimentos hai temáticas que teñen que ver con movementos do pasado, como é a xustiza social, e que están de actualidade, sobre todo, na crise económica actual. E xunto a estes problemas sociais, outros relacionados cos dereitos da muller ou de diversas formas de sexualidade. "Son temáticas que no pasado eran centrales por diversos movimentos e que agora toparon un movemento de unión".
E posto que está en Galicia, a Donatella della Porta no se lle escapa a reivindicación nacionalista. "E logo está o tema da defensa da cultura local e unha conciención de nación autonóma respecto a un estado dominante, que é un tema central en Galicia e noutras zonas de España e moi importante nese movemento que tenta buscar solucións diversos ao problema do Goberno territorial".
Nacionalismo e indixenismo
Por iso, non dubida en vincular este tipo de movimentos nacionalistas cos movimentos indíxenas de Latinoamérica ou Canadá, que se revelaron contra as decisións centralizadas dos seus gobernos. "Por iso agora hai unha maior atención aos diversos grupos socialis... agora as culturas poden interactuar entre elas", apunta para sinalar a evolución das teorias do nacionalismo clásico porque agora xa non se trata "dunha definición dun nacionalismo excluínte".
Sobre os movementos sociais, Donatella della Porta denuncia a involución que tivo lugar logo dos grandes atentados terroristas de Nova Iorque, Madrid ou Londres. Deste xeito, denuncia a presión se realizou sobre os grupos sociais ou mesmo a infiltración, por parte de elementos policias, nos grandes movementos sociais de todo o mundo, como en Inglaterra, cunha grande tradicción de protesta social, ou nos EE.UU., onde houbo unha importante presión polícial na pasada década.
Nos próximos días, GC publicará a segunda parte desta entrevista realizada por Tingalaranga Audiovisual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.