Galicia perdeu case 10.000 habitantes, pero Santiago, Pontevedra e Vigo gañan poboación

As provincias da Coruña e Pontevedra concentran máis do 76% do total da poboación galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2018 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou o 1 de xaneiro de 2017 unha cifra de poboación de 2.710.216 habitantes, o que supón un descenso de 9.886 persoas con respecto ao ano anterior, cifrada en 2.720.102 habitantes, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Recurso de anciáns, vellez
Recurso de anciáns, vellez | Fonte: Europa Press

Os sete grandes concellos galegos presentan desigual comportamento na súa evolución anual. Así, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo gañan poboación en comparación co ano anterior, mentres que A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense pérdena.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra concentran máis do 76% do total da poboación galega. Ademais, segundo as cifras poboacionais de referencia, tres comarcas galegas gañaron poboación con respecto ao ano anterior: Santiago, A Coruña e Pontevedra.

O IGE precisa que a partir do 1 de xaneiro de 2017 as cifras da comarca de Pontevedra inclúen as do concello de Cerdedo-Cotobade, resultado da fusión dos concellos de Cerdedo (pertencente até esa data á comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e Cotobade. De aí, en parte, o incremento da poboación na comarca de Pontevedra ocorrida entre os anos 2016 e 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Suso zzzz

A ver.....quen perde poboación, a comarca da Coruña ou a de Vigo?