Temas: XUNTA LUGO

As funcionarias que supostamente se negaron a atender en galego alegan dificultade de enteder o "reintegrado"

Utilizaron á entidade Galicia Bilingüe para enviar un comunicado no que din sentirse "acosadas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2018 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

As funcionarias que supostamente se negaron a atender en galego a unha muller na delegación da Xunta en Lugo negaron os feitos denunciados tanto pola usuaria como pola asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e denunciaron unha campaña de acoso a través das redes sociais.

Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD
Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD | Fonte: elconfidencialautonomico.com

Nun comunicado difundido a través de Galicia Bilingüe, as traballadoras denunciadas sinalan que a usuaria chegou "fóra do horario de atención ao público" e facilitóuselle "toda a información verbal e documental" relacionada co asunto solicitado. "Non foi ata o final da consulta, cando esta cidadá solicitou ser atendida en galego, nun ton moi desagradable, que non se correspondía co empregado até ese momento por ningunha das partes", sinalan.

As traballadoras sinalan que tiveron "dificultade de atender a súa petición" despois que a denunciante empregase "galego reintegracionista, como o que despois empregou no escrito de queixa", e "unha actitude hostil, dificultando en gran medida a súa comprensión".

"Nese momento, a cidadá comezou a faltarnos ao respecto, con comentarios tales como que nos negabamos a falar galego porque eramos da 'sección feminina', ou que 'queriamos que volvese Franco'. Tamén nos dixo que marcharamos de Galicia. Ao vela alterada, un compañeiro ofreceuse amablemente a falar con ela, accedendo á súa petición de ser atendida en galego, algo que ela xa non quixo aceptar". Por iso, cualificaron de "totalmente falso" a suposta negativa a atender á muller en galego.

Finalmente, denunciaron que, a partir deste incidente, "comezou unha campaña de acoso" nas redes sociais e "mesmo telefonicamente", chegando a recibir chamadas de teléfono con comentarios como 'xa es famosa en internet' ou 'por fin lle poño voz á facha', feitos polos que presentaron denuncia ante a Policía Nacional o día 2 de marzo de 2018.

Temas: XUNTA LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

13 Antinostrus

Sinxelamente Bochornoso que o Censor Maior de GC Non Considere a Literatura Escatolóxica como un xénero respetabel e sí permita manifestáren-se ceibemente aos Fascionóstricos..........Nostrus, Repite, Alto e Claro, Pamplona co Ca ga llón Hispano na Boca!!!!.

12 Lugués

No me creo nada de esta respuesta de las funcionarias por dos motivos. Uno, por hacer hincapié en la radicalidad de la administrada por escribir en gallego reintegrado. Esta es una postura filológica, legítima y nada radical, y que se entiende totalmente. Dos, por recurrir a Galicia Bilingüe para que las apoyen, un grupo extremista. ¿Por qué es, en mi opinión, un colectivo ultra? Porque si ustedes los siguen en la redes sociales se hacen eco de periodistas y medios como La Razón, Libertad Digital, La Gaceta, 13TV, Hermann Tersch, Vox, radicales tabarnistas y gente de este pelaje poco centrado. Y porque inventan una supuesta persecución del castellano en Galicia que no es tal, dando pábulo incluso a mentiras falsas o falseando datos de la realidad gallega.

1 Lugués

Señoras funcionarias, la legislación dice lo que dice: el ciudadano puede pedir ser atendido en la lengua que desee y ustedes deberán cumplir ese derecho. No hay más. Por suposto, deben guiarse por el respeto y la buena atención, nada de citaciones a Franco y alusiones a la política.

11 youspinmeround

Dice una experiencia popular más vieja que la tana que "un comunista nunca dice la verdad. Un comunista es un tío más falso que un duro de madera y va por detrás". Pues eso. Hoy en día cualquier móvil puede grabar una conversación en la que el funcionario se vea amenazado por un ciudadano, y creo que en este caso el amenazado o maltratado no tiene obligación de avisar que está grabando. Lo digo para tapar la boca a quien mienta.

10 Undopobo

Semella que tampouco é un caso illado que alguén vaia a unha oficina da Administración ou a unha empresa privada a esixir a quen lle atende que lle fale galego. E tampouco é un caso illado que logo vaian á Mesa para darlle aire ao asunto na imprensa. E tamen semella "racismo lingüístico" que esa persoa non acepte que o funcionario ou traballador lle fale en español. Si el ou ela teñen dereito a ser atendidos en galego ¿non o ten o funcionario a falar na súa língua? ¿E se o caso fose ao contrario? Probas hai do “escándalo” cando a algún galego falante se lle pediu que mudase de língua. Ademais, iso non é o habitual. A xente fala galego ou español e escoita sen problemas respostas en calquera das língüas aínda que non sexa na súa. Os racistas, cínicos e malintencionados son os que así actúan.

1 nostrus

Exactamente, poden fucionario e administrado falar un en galego e o outro en castelan e non hai ningun problema e tan só se lle deberia esixir ao funcionario falar castelan cando o admistrado non comprende o galego. Si tan só e cuestion de boa fé, algo que non abonda entre o talibanismo lingüistico. A ninguén se lle ocurriria pedirlle ao funcionario que lle limpara os zapatos ou lle rasque o carrelo, agás que sexa un nacionático. O mundiño naciota teñeno crú, porque a inmensa maioria non lle facemos caso.

2 Paco da Rosa

Claro Nostrus, un fascista non o diría mellor: esixir, obrigar, priorizar so é un dereito para o castelán e un deber para os sometidos. Un nazionalista español teno moi asumido, até pensa que é lei divina ou natural o que todo ben nacido sabe: que foi unha imposición política, militar, económica e dos poderes públicos. Que non hai igualdade de dereitos para galegofalantes e casteláns, polo tanto hai discriminación dos galegos. E hai supremacistas herdeiros do nazismo fanatizados contra a igualdade dos pobos, das culturas e das línguas. E ridiculizando "que lle limpara os zapatos ou lle rasque o carrelo", xusto a superioridade que pretendedes os neofascistas.

9 nostrus

En Galicia é un direito falar galego ante un funcionario, pero esixirlle ao funcionario que che fale en galego é tan esaxerado como esixirlle que se cuadre ante ti ou esixirlle que che faga a pelota, porque o castelan é de obrigada comprension e entedémolo todos. Ter direitos como falantes non é sinónimo de telos como escoitantes. Polo mesmo xeito esixirlle a un funcionario que che fale en castelan, ao meu modo de ver só ten cabida si non entendes o galego.

1 Andrea

disculpa, pero os funcionarios públicos están OBRIGADOS A ATENDER EN GALEGO. Son normas da administración, a cidadanía ten o DEREITO aser atendida na súa lingua cando está é oficial, como é o caso

2 teutonio

As tontadas que hai que escribir pra xustificar o supremacismo e comportamentos como os denunciados.