Temor en Portugal pola incapacidade da Xunta para controlar a peste das patacas

Medios do país veciño alertan que a praga da couza guatemalteca ameza o territorio luso e que está a 60 quilómetros da fronteira.

Por Galicia Confidencial | Tui | 16/04/2018 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

“Uma praga da traça da Guatemala que destrói a batata está às portas de Portugal, depois de já se ter espalhado de forma imparável pela Galiza. O último foco deste inseto foi identificado no município de Ourense, apenas a 60 quilómetros do Minho”. É a alerta que fai o medio máis lido de Portugal, o Jornal de Noticia sobre a couza guatemalteca que afecta xa a numerosos concellos galegos

As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan
As larvas da couza guatemalteca escarvan profundas galerías nas patacas favorecendo que apodrezan | Fonte: lapatata.es

De feito, no país veciño aseguran que as autoridades galegas téñense mostrado “incapaces de controlar o insecto”, que  percorre longas distancias, grazas ao transporte do tubérculo e da propia semente. “Os estragos junto dos produtores de batata são já de tal forma avultados que o Governo autónomo da região vizinha - a Xunta da Galicia - avançou no último fim de semana com um decreto que estabelece regras para novas indemnizações”, engade.

E o certo é que para as autoridades portuguesas isto indica que a os tratamentos para erradicar a praga levados a cabo pola Xunta están lonxe de parala, a pesar de que se teñan destruído xa 400 toneladas de patacas. O propio xefe do Servizo de Saúde e Produción Vexetal da Xunta de Galicia, Víctor Novo, recoñecía en El País que "hai motivos para preocupación", tendo en conta que a Galicia é unha gran produtora de patacas. "Con este escenario, debemos ter medo", dixo.

A coñecida xa como peste das patacas chegou a Galicia en 2015 e, desde entón afectou a case 40 concellos, sobre todo do norte, aínda que a súa presenza xa se detectou tamén en provincias do sur, como Ourense. A couza guatemalteca chegou ás Canarias en 1999. Ademais de Galicia, tamén Asturias está afectada pola praga. 

Por outra banda, a retirada 'in situ' da pataca afectada en Muxía (A Coruña) comezará o vindeiro luns, segundo informou a directora xeral de Gandaría, Belén do Campo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta