Temas: TERREMOTO

Rexistrado un sismo de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico fronte a Galicia

Na madrugada deste luns rexistrouse un sismo de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico fronte a Galicia, despois de que o sábado houbese outros dous de menor magnitude en Guntín (Lugo) e O Carballiño (Ourense).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Segundo os rexistros do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), recollidos por Europa Press, ás 3,19 horas deste luns rexistrouse un terremoto de 3,5 graos na escala de Richter no Atlántico a 38 quilómetros de profundidade.

Terremoto no Atlántico frete a Galicia
Terremoto no Atlántico frete a Galicia | Fonte: Europa Press

Ademais, en Galicia o pasado sábado 14 de abril ás 1,04 horas houbo un sismo de 2,3 graos na escala de Richter no termo municipal lucense de Guntín. Mentres, ás 13,59 horas do sábado 14 de abril rexistrouse outro terremoto de 2,1 graos na escala de Richter no municipio ourensán do Carballiño.

Este é o sexto terremoto que se produce en Galicia no último mes logo dunha intensa actividade sísmica no noroeste da península ibérica.

Temas: TERREMOTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta