Coñece os detalles e os segredos do paso de Morat por Noia

Foi un dos grandes concertos de Galicia este verán. A comezos de mes unhas 3.500 persoas acudiron ao I.E.S. Campo de San Alberto de Noia para escoitar a Morat. Interpretaron 17 temas dos máis coñecidos do repertorio da banda e deuse especial atención ao seu novo lanzamento: 'Cuando nadie ve'.

Por Ángela Precedo | Noia, A Coruña | 10/08/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A banda de folk-pop colombiano Morat ofreceu un concerto de algo máis de dúas horas na vila coruñesa de Noia o pasado mércores 1 de agosto, no marco da xira que está realizando por toda España. Ao evento, celebrado no instituto Campo de San Alberto, acudiron máis de 3.500 persoas. Na axenda do grupo para Galicia tan só figuraba esta cita na comarca do Barbanza, outra que organizaron o martes 31 de xullo no Auditorio de Castrelos de Vigo e o sábado 21 na Sala Pelícano de A Coruña.

O grupo colombiano Morat en concerto.
O grupo colombiano Morat en concerto.

Morat, con lanzamentos que xa son disco de ouro en España, é un grupo integrado por catro rapaces colombianos cunha media de 22 anos de idade, formado no ano 2011 en Bogotá (Colombia) –Simón Vargas Morales (baixo e caros), Juan Pablo Isaza Pineros (guitarra e voz), Martín Vargas Morales (percusión e coros) e Juan Pablo Villamil Cortés (guitarra, baixo e voz)-- que está arrasando entre os máis mozos.

As súas referencias no mundo da música --nos que inspiran os seus temas actualmente-- foron artistas como Joaquín Sabina, Eric Clapton e agrupacións como Bacilos e Red Hot Chili Peppers. Ao longo da súa traxectoria, Morat demostrou ser unha banda moi firme, que co seu estilo déixase colar nos oídos de calquera persoa, chegando ao punto de non parar de escoitala polo seu rollo bastante orixinal que plasman cada unha dos seus integrantes.

REPERTORIO INTERPRETADO

O grupo colombiano Morat en concerto.
O grupo colombiano Morat en concerto.

Temas como ‘Mi nuevo vicio’ –colaboración do grupo coa cantante internacional Paulina Rubio e que lle abriu as portas do éxito, baseado no argumento de que "cando un amor remata outro volve comezar"--, ‘Cómo te atreves’ –a xolla da coroa, con ritmo feliz, melodía irresistible e coro que engancha, sobre a "forma máis elegante de reprochar desamores"--, ‘Mil tormentas’ –balada xunto aos colombianos Cali y el Dandee, que fala sobre as "tormentas e os terremotos" tras unha separación-- e ‘Cuánto me duele’ –tema pop con un "coro imposible de esquecer para un amor tamén difícil de esquecer", tal e como o califican os propios compoñentes do grupo-- son algunhas das máis coñecidas cancións desta banda, que está considerada polo público e os especialistas musicais como unha das revelacións musicais dos últimos tempos.

No concerto que ofreceron en Noia, cun custe de 10 euros a entrada, interpretaron até 17 cancións coas que se foron gañando aos espectadores pouco a pouco, especialmente con sinxelos como ‘En un solo día’ –canción con ritmo e aroma nostálxico, que versa sobre os enamoramentos inmediatos e a existencia do amor a primeira vista--, ‘Aprender a quererte’ –un xiro con ritmo country para un tema que reflexa a problemática da explotación laboral infantil en Colombia--, ‘Yo contigo, tú conmigo’ –canción grabada xunto a Álvaro Soler como banda sonora da terceira entrega da película dos Minions, gañadora do premio ‘Los40 Music Awards’ a ‘Mejor Banda Revelación’ no 2017, e Disco de Platino en España e en Italia-- ou ‘Cuando nadie ve’ –o último dos seus éxitos--.

HOTEL DE HOSPEDAXE, HOTEL PARK DE NOIA

O Hotel Park está situado en Noia, municipio pertencente ás coñecidas co nome de Rías Altas, na provincia da Coruña. Conta cunha situacións ubicada na desembocadura do río Tambre e no estuario de Muros e Noia. En concreto, Morat entrou nas instalacións do hotel sobre as 12,00 horas da mañá do mércores 1 de agosto e fóronse comer por Noia,non comeron nas propias instalacións do hotel. Seguidamente, ás 17,30 horas, segundo informan fontes do propio hotel, foise o grupo de instrumental nunha furgoneta negra e, máis tarde,sobre as 18,30 horas, tal e como apuntan estas mesmas fontes, fóronse os propios compoñentes de Morat para ensaiar.

As habitacións deste hotel son exteriores e dispoñen de baño privado. O restaurante oferta marisco e carnes típicas galegas. Tamén hai unha cafetería e unha zona de xogos infantís. O hotel está perfectamente situado para disfrutar das praias, os montes verdes, a boa cociña e as riquezas artísticas e monumentais da rexión. Entre os servizos cos que conta o parador, hai conexión a Internet con Wi-Fi dispoñible nas zonas comúns e aparcadoiro gratuito privado e sen necesidade de reserva. Ten tamén servizo de lavandería, sala de reunións e banquetes, recepción as 24 horas e servizo diario de camareira á carta. Incorpora tamén unha grande piscina con tumbonas e sillas de praia.

As habitacións do hotel, durante esta época do ano, coñecida no mundo do turismo como tempada alta –comprendida entre o 10 de xullo e o 20 de setembro, aproximadamente—teñen un custe de 67 euros a noite, para unha habitación individual. Polo que respecta ás habitacións dobres, estas teñen un custe de 96 euros por noite, e as tripes ascenden ata os 112. Esta tarifa incluiría só o alonxamento e o almorzo. E concreto, Morat solicitou tres habitacións dobres con vistas ao mar e oito habitacións individuais, tamén con vistas ao mar, segundo apuntan dende o personal do hotel.

E non é pura casualidade que os rapaces de Morat elixiran este hotel para instalarse durante a súa noite de concerto en Noia, xa que o Hotel Park soe ser centro das miradas dos fans cada vez que hai un especáculo deste tipo na comarca, porque nel adoitan hospedarse bastantes famosos cando visitan Galicia, como foi o caso de David Pop Dj, Natalia, Coti ou Andy y Lucas, o pasado ano cando se celebrou o festival na Alameda da vila. En anos pasados tamén durmiron artistas do talle de Merche ou David Civera. As mesmas fontes indican que, cando había corridas de toros en Noia, tamén se hospedaban nesta ubicación toreros de prestixio. A seguinte visita a este hotel será a da cantante Paulina Rubio

MUNICIPIO DE NOIA, PROVINCIA DE A CORUÑA

Noia, que conta cun pasado ilustre, está situada aos pes da Serra do Barbanza. Santiago atópase a 35 quilómetros de distancia. A vila, cunha superficie de 37,21 quilómetros é a capital da comarca homónima, que comprende aos municipios de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son. Actualmente en toda a zona habitan 33.754 persoas, en concreto, 14.337 de eles censados no término municipal que lle da nome.

Así, segundo apunta o propio concello, as condicións naturais da ría de Noia convirten a zona nun "ecosistema privilexiado", protexido pola 'Rede Natura'. Así mesmo, tal e como prosegue, por riba da súa "impresionante flora e fauna", a pesar das agresións ás que está sometida, destaca a importancia gastronómica do berberecho e da ameixa. De feito, nesta zona chegou a producirse máis da terceira parte do berberecho do Estado; e a ameixa de Noia é a máis apreciada do mundo, cun valor máximo en lonxa que chegou até os 12 euros a unidade.

A vila está envolta nun "mar intermitente", segundo apunta o concello, nun "mar fuxidío que soamente é capaz de impor a súa presenza, inundando de auga atlántica a enseada, na fugacidade dunha marea". Sorprende á ollada de todo viaxeiro que contemple o seu seo medieval, o cambiante da súa paisaxe en función tamén do avance ou retroceso das augas por mor das mareas.

Ademais, cabe sinalar que a orixe de Noia remóntase ás culturas prehistóricas, que a poboaron na época megalítica e castrexa, con vestixios dun pasado romano. Foi durante a Idade Media cando se converteu nunha das principais cidades de Galicia ao descubrir en Santiago o sartego do Apóstolo. Así, convertida no porto de Compostela, a vila coñecerá un gran desenvolvemento das súas actividades comerciais. Pola súa parte, a Idade Moderna será a época da presenza do pirata Francis Drake, como resposta á expedición da Armada Invencible, e a chegada dos industriais cataláns ás súas costas. Entre os personas vinculados á vila destacan: os navegantes nas Indias, Lorenzo de Armada e Xoán de Noia; o descubridor de Cubo como illa, Sebastián Docampo; o escultor Felipe de Castro, tamén presidente da Real Academia de San Fernando; e o explorador da Patagonia Basilio Vilariño.

NOVO LANZAMENTO, ‘CUANDO NADIE VE’

Sobre os novos temas e proxectos do grupo colombiano Morat, cabe sinalar que o seu último lanzamento, titulado 'Cuando nadie ve' conta xa con 62 millóns de visualizacións na plataforma de YouTube, tan só na contabilización que se vincula ao vídeo oficial, publicado fai apenas un mes en todas as plataformas musicais.

A canción. que fala sobre as relacións secretas que deben manterse lonxe das miradas e sobrevivir con discreción, comeza co son e ritmo característico da banda: “soñé un verano que se hiciera eterno, desde el momento en que ví tu mirada, me derretiste con esa mirada", en referencia a ese amor a primera vista que a todos nos ten pasado algunha vez na vida, momento no que comezamos a idealizar e idolatrar a esa persoa, soñando como sería estar con ela. E prosegue: "pero el verano se volvió un invierno, cuando ví que otros brazos te esperaban, me congelé mientras yo te esperaba”, comenta cando descubre que a rapaza da que se namorou tiña parella e xa era tarde para esquecela.

O segundo verso xa entra en materia, e relata como fan posible compaxinar ese amor secreto, prohibido e infiel coa relación de parella que mantén a moza con outro home: “y ahora entiendo cuál es mi papel, nos queremos cuando nadie ve, las balas perdidas de este amor prefiero no verlas en mi piel”. Estes últimos versos tamén deixan entrever, ao mesmo tempo, a toma de conciencia do propio cantante, como protagonista e enamorado nesta historia, de que é un amor imposible que acabará por facerlle dano.

O coro explica cal é a situación da mentira na que viven, a hipocresía que teñen que manter de cara á galería: "si me preguntan por ti, diré que es mentira que toda una vida he soñado contigo, yo sueño contigo; si me preguntan por ti, diré que no es cierto, que duele por dentro que no estés conmigo, te quiero conmigo"; nese sentimento encontrado de non saber xa se é meior dicir a verdade ou deixar as cousas como están.

"Te miro, me miras, y el mundo no gira, todo parece mentira; tú sigues, yo sigo, es nuestro castigo, fingir que somos amigos", sentencia a canción. Nesta frase recóllese esa estratexia que seguen para poder verse e que todo aparente normalidade, simular unha relación de simple amizade aínda que despois sintan ambos algo máis. O que se demostra na última frase do tema: "y cuando no haya testigos, mi vida entera te daré cuando nadie ve, cuando nadie ve...".

O grupo colombiano Morat en concerto.
O grupo colombiano Morat en concerto.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Loisc

Menudo nivel xornalístico de investigación. O próximo artigo será sobre Bob Esponja? Así nos luce o pelo aos Galegos, enredando con chorradas mentres non chega o AVE, nos rouban coa AP9 ou enchen de eucalipto o País. En fin...

1 Gamela

pois se colles calquera revista que vén cos xornais do quiosco podes vomitar ! ¿por que non lles escribes para contarllo? Cando menos o traballo destes xornalistas merece algún RESPECTO !!!

2 Loisc

Meréceme o mesmo RESPECTO que o Sálvame Deluxe, no que seguro haberá algún xornalista. Entre as novas do Combo Dominicano, a Panorama e agora Morat... Xa me dirás...

3 Gamela

para gustos, cores...!