A Xunta dá unha subvención millonaria a Finsa con fondos europeos para proxectos da industria da madeira

A Axencia Galega de Innovación tamén financiará proxectos da lousa e do automóbil con máis de oito millóns. O diñeiro provén de programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 27/08/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Tecnoloxías dixitais para a industria madeireira do futuro”.  Este é o proxecto impulsado por Financera Maderera, S.A., é dicir, Finsa, que baixo o denominación de Smart4wood, mobilizará máis de 4,6 millóns de euros, deles case 1,2 millóns en subvencións directas por parte da Xunta de Galicia grazas a fondos europeos.

Esta axuda, aprobada o pasado 9 de agosto, corresponden á primeira edición do programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación. O diñeiro provén, en parte, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0.

Así, a Xunta tivo en conta “o fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos”. Tamén a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a “innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto”.

Este proxecto de FINSA é o que obtivo a máxima valoración da comisión de selección que se reuniu o pasado 1 de agosto de 2018. Deste xeito, a Xunta subvencionará o 50 % do orzamento da convocatoria.

OUTROS PROXECTOS

Ademais deste proxecto, a Axencia Galega de Innovación tamén subvencionará outros dous proxectos da industria da lousa e do automóbil. Así, financiará con 1,7 millóns un proxecto presentado por varias empresas do sector (Cupa innovación, Pizarras Valdacal, Pizarras del Valle Cupa ingenierḱia y Servicios, Cupa, Cupa Pizarras e Fundacón CTAG ) para a “Transformación integral da industria 4.0 do proceso produtivo da pizarra natural”.

Finalmente, tamén varias industrias do automóbil (Centro Tecnologico del Grupo Copo, Grupo Empresarial Copo, Copo Galicia, Componentes de Vehículos de Galicia e Fundación CTAG) percibirán máis de 1,7 millóns de euros para unha “Fábrica intelixente para produtos de interior no sector de automoción”, denominada SmartFactoryAuto.

Un helicóptero sobrevoa a fábrica de Finsa en Padrón.
Un helicóptero sobrevoa a fábrica de Finsa en Padrón. | Fonte: crtvg.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta