Descuberto o primeiro campamento romano en Galicia da época das Guerras Cántabras
Descuberto en Penedo dos Lobos, Manzaneda, o campamento romano máis antigo de Galicia. Unha fortificación romana feita en plenas guerras cántabras, o que podería demostrar a participación activa do antigo territorio galego nesas guerras.