GC Aberto

O parque eólico Pena Forcada-Catasol II terá un impacto global negativo para a Costa da Morte

A empresa responsable da Casa Rural de Arrueiro, situada na base do monte Chans (Soesto, Laxe), que é o lugar onde se pretende instalar o proxecto, discrepa totalmente da versión ofrecida pola empresa Naturgy no referente ás cifras de xeración de emprego e o que este supón nun proxecto destas características.

Por casal | Cabana de Bergantiños | 03/09/2018

Comparte esta noticia

A multinacional fixo público esta semana que calcula nuns 100 postos de traballo o incentivo
laborar durante as distintas fases de execución do parque eólico, unha cifra de todo irreal que
ademáis omite que o desenvolvemento da infraestutura levarase a cabo nun prazo de meses, logo do cal a xeración de emprego será prácticamente inexistente durante as dúas décadas de vida útil dun proxecto que ademáis conta con opción a repotenciación, o que equivaldría a perpetuar o plan industrial da compañía.

Representación virtual do Parque Eólico Mouriños, nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas
Representación virtual do Parque Eólico Mouriños, nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas | Fonte: Adega.

En contraste, do que non se fala é de cantos postos de traballo poden perderse noutros sectores
produtivos coma o do turismo verde, que cada vez está a ter unha maior incidencia non só na Costa da Morte, senón en toda Galicia, e de que o parque eólico Pena Forcada-Catasol II non deixará compensación algunha en concepto de canon eólico.

Por este motivo, resulta imposible comprender cómo o actual Goberno da Xunta de Galicia, ao
tempo que permite a instalación de proxectos prexudiciais en zonas de alto valor ambiental e
paisaxístico coma no caso do proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II, dedicouse no verán a
promocionar unha Rede de Itinerarios de Interés Paisaxístico como a “Ruta dos Faros”,  anunciados “a bombo e platillo” tanto pola conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato como dende o Instituto de Estudos do Territorio, departamento dependente da CMAOT entre cuxas funcións atópase en teoría a defensa da paisaxe galega.

No contexto actual non é entendible o cómo dende a Consellería de Medio Ambiente fálase de facer fronte “aos compromisos establecidos” nas Directrices de Ordenación do Territorio e a Estratexia da Paisaxe Galega e logo se permite sen miramentos a destrucción do recurso paisaxístico que sustenta o turismo rural de calidade na Costa da Morte.

Polos motivos anteriormente descritos, dende a Casa Rural de Arrueiro levaránse a cabo tantas
iniciativas como se considere oportuno para denunciar esta situación, tanto a nivel público como en sede parlamentaria, reiterando a súa total oposición a un proxecto eólico que compromte un futuro sostible para Laxe e a propia imaxe da Costa da Morte e Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta