A xustiza na picota

As verbas Xustiza e Picota sempre camiñaron xuntas pois a xustiza, durante moitos anos, aplicábase nas diversas Picotas ou Rollos, que eran lugares de castigo público nesta terra.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/10/2018

Comparte esta noticia

Con todo, a día de hoxe, o significado de estar na Picota é ben distinto o doutros tempos. Pois agora  significa atoparse en entredito por mor das contrariedades e escándalos que un día tras doutro saen a lúz.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

E iso é o que acontece no referido á independencia e calidade da xusticia que temos, ou que tamén padecemos, segundo se mire.  Varios son os casos que, dende hai un tempo, chaman a atención e que ben puderan ser referencias do que non debe entenderse por xustiza. Subliñarei uns cantos. O primeiro refírese ás contariedades que existen entre os tibunais á hora de dictar sentencias ou abrir e pechar procesos. E neste caso podería valer o  referido ó master do Sr. Casado. Pois  o tribunal supremo arquiva o caso e outro considera que hai que depurar responsabilidades polo agasallo dos referidos masters. Outro caso que chama a atención é o referido ás verbas que, despois de rematar o xuízo, fixo un xuíz sobre o caso que acababa de celebrar. Asunto vergoñento que indica que, coa toga posta hai moita solemnidade. Logo, portas a dentro, a xente que xuzga fala igual que a que se atopa no  bar ou na rúa. Iso si, co   menosprezo  ás persoas  que logo  ten que sentenciar.  E todo isto acontece  co agravante do concepto que hai sobre a violencia contra as mulleres.

O terceiro asunto esta referido ó barullo que alguns xuízes, neste caso xuíza, montan perseguindo a corrupción e que, despois de humillar e esmagar ás persoas detidas, pasan anos e anos, e cando presentan os cargos, todo queda en augas de borralla pois as febles  acusacións non se sustentan nada máis que en indicios.

Iste é o caso da chamada operación Pokemón que, con tanto ruído mediatico    humillou e levou detido ó alcalde de Ourense e desfixo unha corporación hai máis de cinco anos. E despois dese tempo, os encausados  siguen á espera dunha acusación definitiva e as consecuencias que delo se deriven ou o arquivo do caso.

Mais a xustiza e os que a  poñen en marcha, a día de hoxe,  son algo así como persoas intocables. Pois somente serán correxidos e sancionados polos órganos propios nos que están outros xuíces. Razón pola que o corporativismo vive agochado, en certa medida, dentro da propia institución xudicial. E iso permite que raramente se sancione a un xuíz e menos se inhabilite. Claro, salvado casos coñecidos que teñen  un trasfondo político e de moita parcialidade. Pero a vida cotiá na rúa  e moi diferente á visión que poden ter os señores togados. A vida real ten outra percepción, e a eficacia e o traballo  ríxense por outros parámetros. Por iso, as preguntas son necesarias. Porei varios exemplos: Si un técnico nunha empresa privada ten o encargo de facer un cometido e tarda moito tempo e sempre está  poñendo  excusas permanetes para rematalo, e  cando presenta o traballo, todo o que barruntou se queda en auga de borralla e non vale ren, quen o sanciona? Pois no mundo da empresa privada sería despedido. Isto é o que aconteceu co caso do alcalde de Lugo e pode acontecer con outros casos  semellante. E despois de tanto barullo quen lle devolve o crédito ás persoas que foron machacadas e dunha maneira tan barbara por mor de detencións á brava. Quén señores togados? Moita autocrítica ten que facer a xustiza que temos. Moita si quere fuxir de estar na Picota.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com