Istes rapaces

A todos nos aconteceu que na nosa mocidade tíñamos tanta ilusión e forza que, cretinos de nós, pensabamos que íamos a comer o mundo; que todos os problemas arranxábanse con decisións máis ou menos drásticas e que, os que nos gobernaban, ademais de corruptos e persoas de dudosa honorabilidade, estaban todos manexados por escuros intereses. E en moitos casos tíñamos moita razón. Con todo, esquecíamos que a sociedade era sumamente complexa tanto a nivel interno como mundial.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 23/10/2018

Comparte esta noticia
E digo todo isto, pois hai uns días nunha tertulia un participante   militante dun grupo político destes que  naceron con abxectivo de seren os partidos que viñeron a rexenerar a nosa  vida, marchou o rematar a tertulia,  laíandose do mal que trataban ó seu lider, pois non lle gustaba que alguén dos presentes comentara  que os novos referentes da política parecían uns rapaces voluntariosos, pero un tanto inxrnuos  diante os grandes asuntos  que hoxe ten o  Estado.
 
E iso que parece unha evidencia choca  coa evolución do lider de Podemos.  Pois o Sr. Iglesias  ó asinar un acordo co PSOE para os presupostos do Estado está aceptando entrar no xogo da política realista. Deixando de lado  o termo que  falaba de “casta” e de que “non nos representan.” Sabedor de que, en política e nunha sociedade plural como a nosa, ten que deixar a utopica ideolóxica para achegarse ós problemas da sociedade real.
 
Iste posicionamento choca frontalmente co dos líderes de ciudadanos e do PP que, sendo novos, evolucionan cara o signo contrario.  Asi,  diante os grandes retos que ten a sociedade de hoxe, son incapaces de artellar unha alternativa  que fuxa da oposición bronca que practican. Pois aspiran chegar ó poder soamente coa  denuncia permanente,  escudándose en medias verdades pra manter un discurso rancio que nada positivo aporta socialmente. E iso é un mal camiño que  non permite  achegarse   ós asuntos que preocupan os cidadáns.
 
Outro exemplo: Ciudadanos gañou as eleccións en Catalunya pero a día de hoxe aínda non foi capaz de presentar un programa político con propostas para ser alternativa de poder nesa parte do Estado. Dado que igual que o PP soamente fala de aplicar o artigo 155. Algo semellante acontécelle ós populares que amparándose nun nacionalismo español que rememora  fitos históricos de dudosa veracidade como a conquista de America, sigue  repetindo o  mantra de que España é a nación máis vella de Europa, cuestión totalmente falsa, e  pretende encher así a carencia dun programa alternativo ó goberno actual. 
 
É posible que, dada a situación política, os presupostos de Sánchez non salgán adiante. Veremos que acontece. Pero moito van ter que argumentar para ir contra a súba do salario mínimo e outras cuestión que van no documento económico. 
 
O que sí está claro é que a dereita fronte a esas contas, soamente  fala de recortes e recortes, sen darlle un respiro a maioría da xente, ós cidadáns da rúa,  que son os que  realmente  manteñen en pé o Estado.
 
En fin, que moitas veces a xuventude que chega ó poder partidario  con aires anovadores, resulta ser un fiasco. Igual co tertuliano que se marchou cabreado porque criticaron o lider do seu partido. 

Os candidatos de PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e C's cos conductores do debate na CRTVG
Os candidatos de PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e C's cos conductores do debate na CRTVG | Fonte: CRTVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com