Novas inundacións en Touro por desbordamento de augas contaminadas

A asociación Aldea Viva apunta que as obras de canalización do regato Portapego non serviron para evitar desbordamentos neste curso de auga. As augas desbordadas baixan contaminadas por minerais pesados da antiga mina de cobre.

Por Galicia Confidencial | Touro | 06/11/2018 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A asociación Aldea Viva de Touro denunciou tamén o gasto de diñeiro público por parte do Concello en “parches inútiles na canalización deste rego, o Portapego, que recibe os lodos contaminados da mina de Touro”. En Marea culpa directamente ao alcalde de Touro, Ignacio Codesido (PP). Sinalan a “complicidade do rexedor co propietario actual da mina, Explotaciones Gallegas, por permitir tapar a canle permitral da mina coa finalidade de urbanizar os terreos”.

Obras de canalización do río Portapego
Obras de canalización do río Portapego | Fonte: Cedida

Segundo denuncian desde Aldea Viva “isto provoca que as escorrentías da mina cheguen ao rego Portapego, contaminando as augas, producindo entullos polos lodos que arrastra desde a mina” cousa que xera un incremento de caudal do Portapego “moi superior ao que era o seu caudal natural, que “desborda coa primeira treboada”.

As actuacións feitas este verán na canalización do Portapego polo Concello, fixéronse segundo Aldea Viva “sen contar sequera coa autorización de Augas de Galicia” e coa intención de “evitar o colapso polos lodos da mina demostráronse inútiles”. Ditas obras consistiron nunha nova canalización do río mediante tubos de formigón.

Tanto Aldea Viva como outros colectivos, instan ao goberno de Touro que faga “cumprir o plan de restauración da mina, evitando que as augas xeradas por escorrentía nos terreos mineiros acaben directamente e sen tratamento no Portapego” como sucede na actualidade ademais de  que “deixe de gastar diñeiro público en tentar tapar as desfeitas da propietaria da mina”.

Por outra parte, fontes de Aldea Viva apuntan que o cauce do Portapego foi desviado hai algo máis de catro décadas para a edificación de vivendas. Este feito pode estar tamén detrás dos diferentes desbordamentos na actualidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta