Caballero acusa a BNG e En Marea de estar "ás ordes de Feijóo"

Sobre o accidente do Mariquisño salienta: "Xa falei diso todo o que tiña que dicir".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/11/2018 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eludiu este venres pronunciarse sobre a xestión do accidente de O Marisquiño, ou sobre a comparecencia do xerente da Axencia Galega de Emerxencias na comisión de investigación sobre o sinistro --na que dixo que o Concello non activou o seu plan municipal de emerxencias--, e limitouse a insistir en que BNG e En Marea deben explicar "por que se poñen ás ordes do PP de Feijóo para atacar a Vigo e ao seu alcalde".

Abel Caballero
Abel Caballero | Fonte: Europa Press.

Nunha rolda de prensa, e preguntado polos xornalistas acerca da comisión de investigación de O Marisquiño, que este xoves iniciou as súas comparecencias no Parlamento --coa intervención dun portavoz da plataforma de afectados e do xerente da Axega--, o rexedor olívico limitouse a contestar: "Non se nin de que me fala. O único que nos teñen que explicar o Bloque e as mareas é por que se poñen ás ordes do PP para atacar a Vigo e ao alcalde de Vigo. Por que se poñen ás ordes do PP de Feijóo".

Cuestionado sobre se se activou o Plan de Emerxencias Municipal (PEMU) cando se produciu o accidente, no que resultaron feridas 467 persoas, Abel Caballero mantivo: "Xa falei diso todo o que tiña que dicir".

Por outra banda, en referencia ao conflito da 'zona azul', cuxo persoal mantén un paro indefinido desde hai case 3 meses, con varios traballadores en folga de fame e con duras críticas por parte de cargos da UXT, Abel Caballero precisou que esas acusacións proveñen de "un membro" do sindicato, non dos seus miles de afiliados.

Así, o alcalde insistiu en que, para resolver ese conflito, o goberno local actuará cumprindo "escrupulosamente" a legalidade, que é "a mellor forma" de defender os dereitos dos traballadores. Non facelo, puntualizou, pode acabar en "sentenzas esixindo indemnizacións e nas que gaña a empresa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

De todo o que non fala o Caudillo de Vigo https://youtu.be/2vMROSXa7jQ

1 Gamela

Cando falamos do Caudillo Local non é ningún insulto, trátase dunha descrición rigurosa da forma de goberno que practica Abel Caballero (Caudillo é o xefe dunha corporación municipal sumisa que dí a todo amén e segue mansamente ao seu líder natural) Por iso este homiño non é ningún alcalde-presidente senón simplemente un Caudillo Local que fala do que lle peta e fai o que lle dá a real gana (e tódolos demáis tragan coas suas veleidades!) Este é o outro Vigo do que Abel nunca fala ! https://www.flickr.com/groups/vigod...