Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/08/2011 | Actualizada ás 17:53
Lengualerta trae unha mensaxe de luita, amor e rebeldía. Estará en Compostela este xoves ás 22.00 horas no pub Avante e o venres 5 no Bar Patachim da Coruña ás 23.00 horas. Xunto a él tocará GendeBeat, un grupo de Cerceda que achegará ragga-revindicacións e o mellor beatbox de Galicia e Helicopta Sound.
Gran concerto en Vigo
O sábado 6 repetirase o concerto en Vigo. Lengaulerta, BocaFloja, GendeBeat, Tomawok & Dj Kafra, Helicopta estarán no Kingston Club (antigo Rass). A partir da medianoite actuarán Lengualerta e GendeBeat, á metralladora Tomawok e a Dj Kafra, ao poeta e Mc Bocafloja e outras Sound Systemas.
Lengualerta actuou xa en varios países europeos e en Canadá e colaborou con músicos como Manu Chao, Fermín Muguruza, Sargento García, Public Enemy ou Todos Tus Muertos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.