Precisamos estes corpos policiais?

Estou indignado e ferveme o sangue, despois de ver unha gravación na que un axente do denominado Cuerpo Nacional de Policía, acompañado por varios uniformados, agrede inxustificadamente a unha rapaza.

Por JL Valcarce | Santiago | 24/08/2011

Comparte esta noticia

O vídeo é claro e meridiano e a actuación do uniformado violenta e delictiva. O policía, perfectamente formado e equipado (semella que pouco menos que para ir á guerra) dalle unha puñada brutal a unha rapaza que non debe ter máis de 16 anos. ¿Supuña esa rapaza algún perigo para a seguridade do nutrido grupo de homes armados? Calquera cun pouco de miolo pode entender que non. ¿Algo xustifica a agresión?

Evidentemente nada, xa que a desproporción de forzas é tal entre a rapaza e os bípedos uniformados que o golpe é mera violencia gratuita, exercida con alevosía e valéndose da autoridade que o Estado lles confire. É máis, ainda que a rapaza cometese algún delicto ou falta, non hai xustificación algunha para o golpe, porque de ser así o que tería que facer o bípedo uniformado é detela.
Mais resulta claro que ese grupo de homes armados non quere deter a ninguén; non quere actuar conforme ás leis que teóricamente nos governan, non quere manter a orde ou defender os dereitos de ninguén; nada máis lonxe da súa intención: ese grupo vai de caza. Queren sangue e van buscala. Golpean a una rapaza porque saben que non se pode defender. Agreden a un fotógrafo porque non queren que haxa probas da súa miseria moral, da putrefacción que agochan tralos seus uniformes. Son un grupo salvaxe que sinte seguro tralo seu número, as súas armas, os seus cascos.

¿É esta a xente que vai defender a cidadanía? ¿Son quén de manter a orde ou sómentes serven para sembrar o caos e tinguir de vermello os pavimentos?

O vídeo é a demostración de que España ten un problema grave que solventar dende ese invento chapuceiro chamado Transición. Ou se reforman e depuran totalmente os mal chamados corpos de seguridade do Estado ou os cidadáns seguiremos padecendo un corpo policial semellante a tropas de choque e cun claro compoñente filofascista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
J.L. Valcarce José Luis Valcarce Rodríguez (Pontevedra, 1980). É avogado especialista en Dereito Tributario. Militante das Xuventudes Socialistas de Galicia dende o ano 1996 e do PSdeG-PSOE dende 1998, tivo diversas responsabilidades en ambalas dúas organizacións (secretario xeral da agrupación de Compostela de XSG, membro da Executiva Nacional Galega de XSG, membro do Comité Local de Santiago do PSdeG-PSOE, etc.) e participou coma delegado en diversos congresos nacionais e federais do Partido Socialista e da súa organización xuvenil. Forma parte da corrente de opinión do PSOE Izquierda Socialista, da que é portavoz en Galicia."