Artigos de JL Valcarce

A nova dirección no PSdeG e as tarefas pendentes

Vense de celebrar en Santiago de Compostela o congreso extraordinario do PSdeG, que pese a súa brevidade e escaso contido programático, serviu para moito máis que a mera elevación á secretaría xeral de Gómez Besteiro. Foi unha primeira escenificación do grao de realidade que cabe agardar que acaden as promesas do candidato nos feitos do secretario xeral e permitiu tamén albiscar na súa proposta orgánica os apoios políticos con que este pretende levar a bo porto o seu mandato.

O perigoso señor Beiras e a criminalización da protesta

Onte producíase un acto significativo no Parlamento de Galicia que amosa claramente os conceptos que manexa a dereita deste país: nun intre do sorprendente (por definilo dalgún xeito) discurso que o individuo que ocupa Monte Pío dirixía ao voceiro parlamentar do BNG sobor da moral e da ética (calquera día bótanse os porcos a dar leccións de hixiene) fixo algunhas referencias que non viña nao caso e con intención burlesca sobor Xosé Manuel Beiras. A evidente burla de Feijóo, acompañada do entusiasmo hooliganesco da tropa popular que provocou que Beiras se achegase até Feijóo esixindolle decencia mentres golpeaba o escano.

Caridade fronte a redistribución

Nos últimos tempos asistimos nas redes sociais recollen a unha sorte de campaña de agitprop dirixida ao mantemento da axuda de 400 euros aos parados de longa duración.

Ceferino Díaz

Recibín con fonda sorpresa a nova do pasamento do compañeiro socialista Ceferino Díaz, co que compartía militancia na Agrupación de Compostela do PSdeG-PSOE dende que me afiliei ao cumplir os 18 anos.

España é un satélite da lúa

Tanto falar dos compoñentes patrios do Curiosity e resulta que vai tempo que gañamos a carreira espacial. Non me cren? Pois afirmo con total rotundidade que España ten unha elite cosmonáutica (cun custo máis ben escaso se comparamos coa NASA) que nos goberna dende a Lúa.

Que facer?

Como dicía Hegel, a necesidade exprésase mediante o accidente. O 20-N, cuns resultados que magnifican o poder institucional do Partido Popular (PP) e dotan á dereita de todo o poder económico e político, foi o accidente que puxo de manifesto a necesidade de reconstruír o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE).

Precisamos estes corpos policiais?

Estou indignado e ferveme o sangue, despois de ver unha gravación na que un axente do denominado Cuerpo Nacional de Policía, acompañado por varios uniformados, agrede inxustificadamente a unha rapaza.
J.L. Valcarce José Luis Valcarce Rodríguez (Pontevedra, 1980). É avogado especialista en Dereito Tributario. Militante das Xuventudes Socialistas de Galicia dende o ano 1996 e do PSdeG-PSOE dende 1998, tivo diversas responsabilidades en ambalas dúas organizacións (secretario xeral da agrupación de Compostela de XSG, membro da Executiva Nacional Galega de XSG, membro do Comité Local de Santiago do PSdeG-PSOE, etc.) e participou coma delegado en diversos congresos nacionais e federais do Partido Socialista e da súa organización xuvenil. Forma parte da corrente de opinión do PSOE Izquierda Socialista, da que é portavoz en Galicia."