Aparece un home afogado no río Miño ao seu paso por Ourense

O cadáver do ancián foi avistado na praia da Antena.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 24/01/2019 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

Un home de idade avanzada apareceu afogado no río Miño ao seu paso por Ourense na mañá deste xoves.

Embarcacións buscan a un desaparecido no Río Miño
Embarcacións buscan a un desaparecido no Río Miño

Segundo fontes de Emerxencias consultadas por GC, o cadáver do home foi avistado na praia da Antena da capital ourensá. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxecias e Policía. 

Membros da familia do home, que estaba sendo buscado desde algún tempo, tamén acudiron ao pé do río mentres o corpo estaba sendo recollido do lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta