O narco Sito Miñanco, condenado a catro anos de cárcere e a pagar seis millóns por branqueo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo a mesma pena de prisión e multa á primeira esposa de Miñanco, María Rosa P.N.; á maior das súas tres fillas, Rosa María; á súa excuñada, Josefa P.N., e ao empresario José Alberto A.M.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/01/2019 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O narcotraficante José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco, foi condenado pola Audiencia de Pontevedra como autor dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas a unha pena de catro anos de cárcere e a pagar unha multa de seis millóns de euros.

Xuízo en Pontevedra a cinco persoas, entre elas Sito Miñanco, por presuntas a. JESÚS FERNÁNDEZ/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
Xuízo en Pontevedra a cinco persoas, entre elas Sito Miñanco, por presuntas a. JESÚS FERNÁNDEZ/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

A sección segunda da Audiencia Provincial impuxo a mesma pena de prisión e multa á primeira esposa de Miñanco, María Rosa P.N.; á maior das súas tres fillas, Rosa María; á súa excuñada, Josefa P.N.; e ao empresario José Alberto A.M.

Os maxistrados consideran acreditado na sentenza que "sen distincións entre eles", todos os acusados "participaron activamente de forma fundamental no conxunto de actos a través dos que pretendían lavar o diñeiro procedente do narcotráfico".

O tribunal provincial acordou a clausura definitiva da entidade Inmobiliaria San Saturnino S.L., á que considera "o eixo ao redor do cal todos os acusados levaron a cabo o delito de branqueo de capitais", e decretou o comiso da totalidade de bens adquiridos con diñeiro procedente do narcotráfico.

A Audiencia destaca á hora de fixar a pena "o volume de diñeiro blanqueado", así como os "negocios que levantaron, que sostiveron e que aínda teñen" e a cantidade de sociedades que formaron "para ocultar ou, canto menos, maquillar, a procedencia do diñeiro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta