La Voz só garante o 75% do emprego existente

O pasado domingo os traballadores de La Voz, reunidos en asemblea, votaron en contra do plan de viabilidade da empresa. O ultimátum remataba este martes.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 21/09/2011 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Máis de 150 traballadores acudiron o pasado domingo ao Hotel Compostela, en Santiago de Compostela, convocados polo Comité Intercentros. O asunto era moi grave como para que fora decidido en asembleas locais.

E é que a empresa lanzou o pasado mércores un ultimátum de cara a mellorar a situación económica da empresa. O director xeral, acompañado dunha importante representación da empresa, reuníronse co comité para anunciar que "non se garantiza" a "viabilidade" de La Voz de Galicia nas actuais circunstancias de crise económica, "a peor da historia", segundo recoñeceu esta delegación da empresa.

Por iso, propuxo aforrar catro millóns de euros na partida de persoal. Este aforro, segundo a dirección, podería reducir o proceso de perdas nos que entrou a empresa nos últimos meses.  

None

O plan

O plan de aforro de La Voz de Galicia pasa por:
- Prorrogar o acordo de minorización salarial do 3% durante os anos 2012, 13 e 14. Precisamente, no Nadal caduca o acordo o que chegou o comité hai dous anos e tería que ser restituído nesas data.
- Garantir só o 75% do emprego existente.
- Negociar un novo marco laboral que derogase o actual convenio. O novo marco sería, segundo a empresa, sobre os seguintes parámetros: mobilidade xeográfica e funcional, novos grupos profesionais, xubilación obrigatoria aos 65 anos, todas as tarefas do persoal serían para todos os procesos produtivos da empresa e a xornada laboral de sete días.

Una proposta que os representantes dos traballadores consideraron prácticamente inaceptable. Por iso foi sometida a votación na asemblea do pasado domingo obtendo a práctica unanimidade dos votos en contra e tan só unha abstención.

Panorama incerto

O panorama que agora se abre no maior medio de Galicia é incerto xa que en Nadal caduca a moratoria que aprobaran traballadores e empresa para despedir a traballadores e modificar o convenio de empresa tras o acordo ao que chegaron de reducir o salario nun 3,5%. Por iso, as fontes consultadas, non descartan que a empresa realice despidos indiscriminados a partir de entón. A empresa podería despedir a tandadas de 30 traballadores, o límite para que sexa considerado un ERE.

Unha das primeiras propostas que presentou a empresa recollía o despido de entre 45 e 72 persoas dos case 500 que traballan no xornal La Voz de Galicia e en Corporación Voz, o ente no que están a maior parte dos directivos e que presta servizos a todo o grupo. Sen embargo, ese número ascende, agora a máis de 100 persoas. Esta é a primeira vez que se realiza unha medida tan drástica no Grupo Voz que, ademais do xornal, ten unha radio (Radio Voz) e unha televisión (Voz TV).

Por iso, e ante o que se aveciña, non se descartan novas convocatorias de protestas, como a que hai uns meses protagonizaron máis de 30 traballadores diante do edificio de La Voz en Sabón. Sen embargo, as protestas futuras prevense máis numerosas e poderían paralizar o funcionamento do xornal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 167 comentarios

48 indignado

Moi boas a todos por decir algo... Gustaríame saber cantos de vós estades sen traballo,sen paro e coas hipotecas sen pagar...seguro que mais de un. Polo tanto non chego a comprender como podedes alegrarvos polos despidos de traballadores que en moitos casos nada teñen que ver coa linea editorial do xornal e o único que pretenden e poder chegar a fin de mes. Outra das medidas que tomará A Voz será externalizar a súa publicidad co que quedarán sen traballo outras moitas persoas,tanto asalariados coma autónomos que dependen únicamente destes ingresos pra pagar a súa hipoteca. Polo tanto só me gustaría que recapacitarades sobre os problemas que isto poder acarrear aos traballadores antes de emitir esos comentarios altruistas de ledicia. Moitas grazas

47 teruca

Este señor por llamarle algo, se ha cargado generaciones de buen periodismo, a quien había que echarlo es a el, por no saber gestionar una empresa de tantos años, pero claro a cualquier b.... le cuelgan medallas.

46 Dani

En todas partes cuecen habas: Los trabajadores de ‘Público’ amenazan con una huelga por el ERE de Roures El magnate marxista expulsará a la calle al 20% de la plantilla. El plan contempla drásticos recortes en los sueldos de los redactores. http://www.intereconomia.com/notici...

1 Lucense

A televisom de Cerdo J., alias "Lluvia Dorada" foi polo esgoto abaixo,já nem os seus próprios camaradas fascistoides quigerom pôr mais dinheiro. Hai que rascar os petos, Dani, e apoiar mais aos vossos castrões: http://www.elsemanaldigital.com/veo...

2 Escéptico

Iso de magnate e marxixta non cadra ben, non vos parece?

45 Reivindicación

Dereito á eutanasia para 'La Coz de Malicia' xa!!

44 merche

a ese panfleto pepeiro hai que ponerlle, nos bares, nos colexios, nas bibliotecas, onde o haxa, etc. por encima do nome, "la voz del pp" ou "el panfleto del pp" con un rotulador ou con un boli.

1 Anxo

Qué pilla eres, Merche!