Presidiarios da CIG "ocupan" NCG Banco

O sindicato nacionalista organiza unha protesta contra as axudas á banca o domingo as 12,30 horas dende a Alameda de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/10/2011 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

Delegados e delegadas da CIG de Compostela, vestidos de presidiarios, ocuparon o venres a oficina principal de Novagalicia Banco, no centro de Santiago, a gritos de  “Que deteñan aos ladróns”, “Non, non, non  á privatización”, “Queremos unha caixa e non un banco” ou “Non faltan cartos, sobran ladróns”. A ocupación da entidade encádrase na campaña que a CIG leva meses desenvolvendo para concienciar á poboación de que "si existen alternativas ás políticas que desde os gobernos" se están a impor e para chamar a participar na mobilización convocada pola central este domingo 23 de outubro.

None

 Ao comezo do acto, o secretario comarcal da CIG de Compostela, Anxo Noceda, afirmou que o problema non é que non haxa recursos económicos, senón a quen se destinan os que hai. Así cuestionou as axudas millonarias á banca, mentres se recortan os salarios e as condicións laborais dos traballadores e traballadoras. “Pola vía pola que se está apostando é por unha concentración da riqueza en cada vez menos mans mentres se lle quita a aqueles que menos capacidade económica temos”.

 

Do mesmo xeito, denunciou que si existen cartos para financiar o despedimento a través do FOGASA, que paga unha parte das indemnizacións, con cartos dos traballadores e traballadoras.  

 

Noceda sinalou que malia iso, a patronal quere máis, e a CEOE xa está demandando que se reduza a 20 días a indemnización por despedimento aos contratos indefinidos e que o FOGASA sigan pagando unha parte, para que despedir lles saia máis barato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 trecola

Os que están presos das Caixas son os do BNGuai que lles deben unha morea de cartos

1 Akribéstaton

Os do PPmerda e os do PSOElixo têm outras fontes de financiamento. Suponho que o principal virá do gasto eleitoral, quanda as ínfulas de grandeza. A mim o que me preocupa é se aprenderam a lição.

2 trecola

Non ides comentar nada do novo gatillazo do BNGuai, esta vez disfrazado de CIG, tivo onte en Compostela

1 ligazón

http://www.galizacig.com/avantar/no...

1 Akribéstaton

Vi o video. É claro seu carácter eleitoral. Conclui com as proclamas meramente reactivas de sempre: pela defesa da classe trabalhadora... Há que apresentar uma estratégia mais activa e, sobretudo, mais transformadora. As empresas há que cria-las desde abaixo. Doutro modo, os empresários sempre terão a faca e o queijo na mão.