A Xunta non se aclara sobre se o galego é un mérito ou un requisito para acceder á Administración pública

O Goberno de Feijóo ten dúas explicacións diferentes sobre esta cuestión na web dependendo se é na versión en español ou na versión en galego. Por outra banda, o Goberno de Sánchez contraataca á proposta de Casado e incentivará económicamente aos funcionarios do Estado que acrediten o coñecemento de idiomas oficias diferentes ao castelán.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 05/03/2019 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

A Xunta non sabe explicar cal é o estatus que o galego ten que ter nas probas de acceso á Administración pública. E non o di este medio, senón a comparación entre as versións sobre a lingua galega que o propio Goberno galego ten na web en catelán e na web en galego.

Verso Versión en castelán da Web da Xunta explicando o estatus do galego na función pública
Verso Versión en castelán da Web da Xunta explicando o estatus do galego na función pública

Oficialmente, e segundo a Lei 2/2009, de 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo,“nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia incluirase un exame de galego, salvo para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente”.

E esta mesma norma aclara que “todo isto sen prexuízo daquelas probas que teñan que realizarse en galego para aquelas prazas que requiran un especial coñecemento da lingua galega”.

DÚAS VERSIÓNS

Con todo, e a pesar do que recolle esta Lei, a Xunta explica o estatus oficial do galego na Administración pública de dous xeitos diferentes segundo quen visite a súa web na versión en galego ou na versión en español.

Versión en galego da Web da Xunta explicando o estatus do galego na función pública
Versión en galego da Web da Xunta explicando o estatus do galego na función pública

De feito, é na versión en español, onde a explicación é a que figura na Lei da Función Pública. O galego é un “requisito” e non un “mérito” como trataba de xustificar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, hai uns días cando este medio lle preguntaban sobre a polémica proposta do seu líder en Madrid. Pablo Casado anunciou que se chega á Presidencia do Goberno español, prohibirá que un funcionario público teña que coñecer o galego, vasco ou catalán.

Así, a versión en español recolle “el conocimiento del gallego es un requisito para el acceso a un puesto de trabajo en la Administración pública, según se establece en la Ley de función pública”. Con todo, esa afirmación desaparece da versión da web en galego que apunta só que “o coñecemento do galego esíxese para o acceso a un posto de traballo na Administración pública, segundo se establece na Lei de función pública”.

Curiosamente esa frase é a única que cambia de todo ese parágrafo. Deste xeito, as dúas versións son as seguintes:

“Durante os máis de vinte anos de aplicación da Lei de normalización lingüística producíronse avances decisivos no proceso de normalización da lingua. O coñecemento do galego esíxese para o acceso a un posto de traballo na Administración pública, segundo se establece na Lei de función pública; igualmente, mellorouse o seu status coa aprobación, en 1997, da Lei de réxime local e doutras leis sobre os dereitos lingüísticos dos consumidores, a etiquetaxe de produtos etc., se ben a súa igualdade xurídica co castelán aínda non é plena”.

“Durante los más de veinte años de aplicación de la Ley de normalización lingüística se han producido avances decisivos en el proceso de normalización de la lengua. El conocimiento del gallego es un requisito para el acceso a un puesto de trabajo en la Administración pública, según se establece en la Ley de función pública; igualmente, se ha mejorado su estatus con la aprobación, en 1997, de la Ley de régimen local y de otras leyes sobre los derechos lingüísticos de los consumidores, el etiquetado de productos, etc., si bien su igualdad jurídica con el castellano todavía no es plena”.

INCREMENTO SALARIAL AOS FUNCIONARIOS QUE FALEN GALEGO

Por  outra banda, o Goberno de Pedro Sánchez decidiu dar un paso máis na política restrictiva que queren implantar PP, C's e Vox se chegan á Moncloa. Por iso, quere que se premie salarialmente aos funcionarios do Estado que falen o idioma cooficial das automías na que desenvolven a súa actividade xa que, actualmente, non teñen o deber de facelo.

Con esta medida, o goberno socialista quere “mellorar a atención que a Administración Xeral do Estado presta á cidadanía, sempre dentro da disposición e límites que haxa na asignación de fondos adicionais”. Deste xeito, a partir de 2020 os traballadores públicos  que ocupen postos de atención ao público e acrediten a titulación de galego, catalán ou vasco gozarán dun incremento no seu soldo. Así figura, segundo publican diversos medios estatais, no acordo que pechou o Executivo central cos representantes sindicais.

Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press
Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 uu1

O titular deveria ser, a Xunta não se aclara se há que cumprir a constituição ou não, se há que cumpri-la, então é um REQUISITO: “As OUTRAS LINGUAS espanholas SERÁN também OFICIAIS nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.” “A riqueza das DISTINTAS modalidades linguísticas de Espanha é um patrimônio cultural que será objeto de especial RESPECTO e PROTECCION.”

4 Pitito

En que falaban na casa do neno dos Peares? E na dos seus fariñudos amigos? Pois logo non hai dubida, falaremos no que mande el señorito

3 Eup

O idioma da administración pública galega é o galego, iso quere dicir que calquera persoa que traballa nela ten que escribir en galego e non cabe opción a elixir, igual que non podo elixir en Madrid traballar e redactar en galego. Temos que diferenciar o público do privado e non enredar con parvadas deste tipo que só buscan lea entre as persoas.

2 Couso

Para a "Yunta de galicia-España" é un atraso e un atranco para sermos definitivamente españoles. Ise é o seu fin e non pararán ata conseguilo (van ben).

1 Sentidiño

《Igual que te digo una cosa te digo la otra...》 (Airbag)