A chave do medo ao cambio

Vimos de asistir, na Galicia e no resto do Estado, á excepcional mobilización do Día da Muller, alicerzada na súa absoluta centralidade e grande transversalidade, xa que foi quen de xuntar mulleres de distintas opinióna ideolóxicas, xeracións e capas sociais, amosando o que lles unía, mais tamèn a rica pluralidade en matices e propostas dos movementos feministas.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 11/03/2019

Comparte esta noticia
Sendo certo o substancial avance en políticas de igualdade nos últimos trinta anos é moito máis rechamante a aceleración  na toma de conciencia das mulleres no seu conxunto e a modificación substancial dos seus roles profesionais e sociais. Fronte a este grande avance feminino os homes, en xeral, non evoluímos coa mesma velocidade e moitos ficaron apreixados do seu desexo de manter o “status” de poder historicamente desenvolvido. O avance do empoderamento feminino sementa o medo de millóns de homes ancorados nos seus roles tradicionais. É unha nidia manifestación do medo ao cambio.
 
Este medo ao cambio explica tamèn o rexeitamento de moitos (normalmente os mesmos que rexeitan o empoderamento feminino) a respecto dos avances do movemento LGTB, que son percebidos como persoas que atentan contra a moral e a sociedade tradicionais. Lembran vostedes a loita da dereita contra o matrimonio homosexual e o dereito á adopción das persoas LGTB? O bus dos de HazteOir? Outra vez o medo ao cambio.
 
O medo ao cambio e a comodidade co vello que non morre está detrás do apoio de millóns de cidadáns ás propostas recentralizadoras, extremistas e supremacistas da Santa Alianza do tripartito das dereitas. Estas persoas medoñentas e reaccionarias perceben inimigos nos galegos, catalans, vascos ou valencianos que queremos desenvolver a nosa vida na nosa lingua en igualdade de oportunidades cos que falan castelán ou que arelamos que o noso País poida organizar a súa vida política e promover o seu benestar social e económico facendo uso do autogoberno ao que ten dereito anterior á Constitución.
 
O medo ao cambio amósase no tripartito das dereitas extremas, mais tamèn no vello PSOE de Felipe, Guerra, Paco Vázquez,Borrell, Celestino Corbacho, N. Redondo Terreros). Amósase na fosilización dunha Constitución que respostou a un pacto entre demócratas e franquistas claramente caduco 40 anos despois.
 
O medo ao cambio agora vehiculizouse a medio dun proxecto inequívocamente reaccionario que, como sempre que o novo tarda en nacer tentará atrasar os cambios que serán inevitábeis. Un proxecto reprsentado na Coroa como principal freo ao cambio.
 
A mutación constitucional no territorial, a operatividade do dereito a decidir das nacións do Estado, require artellarmos fórmulas tan inclusivas como a transversalidade e centralidade amosadas este 8-M polos movementos feministas.
 

Manifestación en Vigo do 8M, Día Internacional da Muller
Manifestación en Vigo do 8M, Día Internacional da Muller | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.