Temas: ARTESANíA XUNTA

Novo programa autonómico para mellorar o comercio e a proxección exterior da artesanía galega

As asociacións profesionais de artesáns poden solicitar axudas para a organización de feiras de artesanía de diferentes oficios no ámbito de Galicia, cun número mínimo de 15 edicións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), un novo programa de axudas de 255.000 euros para impulsar a mellora da comercialización e da proxección exterior da artesanía galega.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 29 de abril, segundo detalla a Consellería nun comunicado. A iniciativa concederá axudas de ata 8.000 euros aos titulares de talleres artesanais para a asistencia a feiras fóra de Galicia, tanto de carácter nacional como internacional.

Así mesmo, as asociacións profesionais de artesáns poden solicitar axudas tanto para a organización de feiras de artesanía de diferentes oficios no ámbito de Galicia, cun número mínimo de 15 edicións, como para participar como expositor en feiras profesionais nacionais ou internacionais que teñan lugar fóra da Comunidade.

7.000 EUROS POR FEIRA

No primeiro dos casos, a axuda pode ascender ata os 30.000 euros, mentres que no segundo poderá chegar aos 7.000 euros por feira. A axuda máxima por asociación poderá ser de 45.000 euros.

Ademais, os concellos poderán obter apoios de ata 15.000 euros para organizar feiras monográficas, cun mínimo de 15 edicións, que teñan como obxectivo a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.

Para feiras non monográficas de diferentes oficios, cun número mínimo de cinco edicións, a axuda será de 3.000 euros cando un mínimo do 80% dos participantes estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e de 1.500 euros cando a porcentaxe sexa inferior. En total, a axuda máxima por beneficiario será de 15.000 euros.

Imaxe de Alma da Artesanía
Imaxe de Alma da Artesanía | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Temas: ARTESANíA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta