A volta simbólica ao BNG dos nacionalistas desencantados

Anxo Quintana irá pechando como suplente nas listas do Bloque en Allariz, pero puntualiza a Ana Pontón; "non volvo. É algo simbólico. Pedironme ir e hai que colaborar cando se nos pide", suliña. Vellos quintanistas destacan a necesidade de volver a un gran proxecto nacionalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O anuncio de que Anxo Quintana iría no posto 22 de suplentes na lista do Bloque en Allariz revolucionou este luns o mundo do nacionalismo xa que o ex vicepresidente da Xunta derase de baixa do BNG hai uns anos disconforme coa liña política da actual dirección encarnada en Ana Pontón.

Quintana reaparece na lista do BNG de Allariz tras deixar a formación en 201
Quintana reaparece na lista do BNG de Allariz tras deixar a formación en 201 | Fonte: Europa Press

A priori, a suposta volta ao partido do que foi voceiro nacional vai na liña do manifestado por Ana Pontón de que, nas últimas semanas, moitos dos que abandonaron o barco do BNG despois de Amio están volvendo a el. "É un motivo de alegría", dicía Ana Pontón referindose a suposta volta de Quintana.

"Vén demostrar que moita xente se está sumando ao BNG, que é unha alternativa política propia", apuntaba a líder nacionalista que leva repetindo esta mensaxe desde o esfaleramento de En Marea. De feito, La Voz de Galicia chegaba a titular hai uns días que "Militantes de Anova desertan y se pasan al BNG", algo que causou un fondo malestar en vellos dirixentes nacionalistas que interprentan que "o medio do PP e de Feijóo" está utilizando ao BNG na súa intención de dividir aos partidos nacionalistas e de esquerdas como no seu día fixo no bipartito, aínda que daquela enfrontando ao BNG co PSdeG e apoiando a Feijóo.

"EXEMPLIFICAR O PROXECTO" DE ALLARIZ

Quintana, sabedor deste malestar, quixo puntualizar as palabras de Ana Pontón e aclarou que el non volve ao BNG, senón que está na lista de Allariz de xeito "simbólico" porque así llelo pediron. "Imos pechando a lista Paco (García) e eu, e o meu apoio significa exemplificar o proxecto que empezou no ano 89 e que foi moi ben e mellorando nos últimos anos", manifestou Quintana."Non volvo á militancia do BNG", insistiu en declaracións a Europa Press.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

Neste sentido, Anxo Quintana explicou que apoiar a lista do BNG de Allariz nada ten que ver con que asuma os postulados nacionalistas dos que renegou hai uns anos. Está na candidatura porque  "xente" de Allariz, a súa localidade natal, e a candidata á Alcaldía, Cristina Cid -- a súa ex parella e nai das súas fillas--, animarono a que "participase e axudar en campaña". "Por iso dixen si de bo gusto xa que vou nunha posición simbólica e que non hai ningunha perspectiva de estar na corporación municipal", aclarou.

A postura de Anxo Quintana é a doutros moitos nacionalistas alonxados do BNG, pero que decidiron tamén non apoiar outras opcións políticas, como En Marea, ou Compromiso por Galicia. Estes vellos dirixentes, algúns deles abertamente quintanistas, suliñan en declaracións a GC que o seu desexo é "ver a todos os nacionalistas xuntos de novo", pero non "baixo a espada da UPG", en alusión o partido actual que domina a dirección do Bloque.

UNIDADE DO NACIONALISMO

Unha sensación semellante hai tamén en sectores desencantados con En Marea e, especialmente, con Anova, o partido nacionalista motor deste partido instrumental que, finalmente, e tras enfrontarse directamente contra Luís Villares e En Marea non foi capaz de chegar a un acordo con Podemos e Izquierda Unida polos intereses destes partidos en colocar en postos de saída a xente afín a Pablo Iglesias. Con todo, as voltas de moitos destes desencantados ao BNG son puntuais e excasas. 

"É certo que hai malestar e desencanto con todo o que foi o proxecto rupturista, pero o que non imos facer é repetir erros do pasado", apunta un destes desencatados de Anova sobre unha posible volta ao Bloque. "Os que supostamente volveron ao Bloque son eses tres ou catro con nomes e apelidos que lles dixeron os da UPG aos de La Voz. Non hai máis", destaca. Algúns máis hai, é certo, pero sempre vinculados á participación en listas municipais concretas, ben pola amistade co candidato, ou ben pola relación histórica co BNG no seu concello.

Estes desencantados, igual que os vellos quintanistas, non se pechan a volver a un gran proxecto nacionalista pero sempre e cando "haxa igualdade de condicións". "Fomos e seguimos sendo nacionalistas", asegura. Nesta mesma liña, o propio Anxo Quintana apuntaba que sempre defendeu unha "actitude de colaboración co nacionalismo". "Son dos que pensa que estiven en cargos de responsabilidade, na máis alta responsabilidade, e que cando o deixamos, incluso a militancia, o noso labor é colaborar cando se nos pide. E cando non se nos pide, a nosa colaboración é non pór paus nas rodas", reflexionou.

"VOLTA SIMBÓLICA"

Anxo Quintana deixou o BNG en marzo de 2016 e despediuse a través dunha carta á militancia de Allariz na que explicaba as súas razóns para darse de baixa polas diferenzas coa dirección, xa capitaneada entón por Ana Pontón. "Doume de baixa do BNG, que non de nacionalista, e aínda que hoxe non haxa ningún partido no noso país desde o que o poida facer, a miña vontade estará sempre disposta a colaborar na construción nacional de Galicia", subliñou daquela.

Quintana argumentou que, en todos os casos "procurou sempre colaborar co proxecto", desde a súa "humilde achega persoal como militante". "Unhas veces tocoume ser militante de base e outras ocupar importantes responsabilidades. De todas as etapas gardo grato recordo e agradecemento para a organización e os compañeiros que me outorgaron tan alta representación e cos que compartín traballos, ilusións, alegrías e pesares", sinalou naquela carta fai tres anos.

Por iso, a súa aparición na lista en Allariz obecede, segundo as fontes consultadas, a razóns de amistade e de sentimento, xa que o seu concello foi o que o lanzou a vida política, con varias maiorías absolutas. Nel conserva, ademais, grandes amigos, entre eles, a propia candidata Cristina Cid, o ex deputado Alfredo Suárez Canal ou o ex rexedor Paco García, todos eles dunha xeración na que, a pesar dos partidos ou correntes nas que se militara dentro do Bloque, o máis importante era "facer país ou concello desde o nacionalismo".

Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Anxo Quintana na presentación de Somos Nós
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Dalle que libras

Pero si o Quim vive en Oleiros , como e que se presenta por Allariz?

4 Enganado

Volta o neo-liberalismo españolista de Quintana. Bipartito coa falange-PSOE non gracias.

1 unmais

Pero vostede en que planeta vive?, -debe ser de aquekles de Galiza non se vende que prefferiron o triunfo de Feijoo frente ao bipartito e agora prefire o triunfo do trifachito frente ao psoe, en fin sen comentarios...

2 Bendito Chiringuito

A min que goberne o PsoEspañol ou o Partido Podre non me quita o sono. Entre ladróns non escollo o que ten máis labia ou é máis guapo. Ademais, pode que goberne a dereita sen complexos: PsoEspañol-Ciudadanos, claro que daquela, como no repartito, ti dirás qué son progresistas, de esquerda e inimigos das cloacas... Edulcorantes do sistema, non grazas!

3 IUChaoChao

Bendito Enganado: en serio, creo que na españolísima Jauja hai deso que pides. os demais, coma sempre, temos que tirar de políticas e acordos para que, en principio, non nos coman. Coma di o outro comentarista, debes de un deses de Galicia no Se Vende (Se Alquila) porque os disparates sen sentido que dis non valen para nada.

4 Bendito Chiringuito

Mira, taparrabos do sistema (digo sistema e digo PPsoE, digo marcas brancas como BNG, IU-Podemos como colaboradores necesarios), pola nefasta xestión do repartito fomos investir fóra de Galiza (vai polo Saviñao ver como está o investimento dos que confiaron no repartito, ou a granxa de cabras de Portomarín que tragou unha cooperativa ou se non eran grupos de capital risco foráneos os que avalan os proxectos eólicos onde poñían a cara as cooperativas agrarias e o peto os estranxeiros). Outro día falamos do Gal, do 135 e 155, de Paco Vázquez a Caballero, pasando por Carmela Silva e Pepiño, pola OTAN ou polas portas xiratorias. Eu fun estafado polo PPsoE coa complicidade das comparsas.

3 Gamela

así sí... as cousa claras... UPG Disolución !!! (Paco Rodríguez Xubilación !)

1 unmais

Anda vostede moi nervoso pola sorpaso do BNG a ambas mareas, a alta e a baixa?

2 Gamela

nervios ningún... se logo da desfeita das Mareas o BNG non logra sacar máis votos será que o BNG está rematadamente morto (como proxecto político)... O que aínda non son quen de comprender é por que os "amigos do BNG" non foron quen de desfacerse da UPG ? (no século XXI) http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 Ricardo R.

Nótase moito que os negocios do que montaba en iate non van vento en popa

1 Pos

Nótase que os teus tampouco van como pensabas, jajaja!

2 Ricardo R.

Trabucaste. Nin son mal empresario nin quero ir en lista política algunha.

1 nacionalismo e o mellor

non son nacionalistas desencatados senon nacionalistas consecuentes o bloque mellorou e ten sitio xa o dixo a nosa líder para os nacionalistas de corazón e os patriotas pero as portas xa están pechadas para os enredadores para os que sementaron as mas herbas... - https://www.youtube.com/watch?v=PLM...

1 lóstrego

Qué cousa máis rancia, tes o mesmo xeito que vox. Líder, patria... Merda!