A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística denuncia o "desinterese" de Facenda polo galego

Critica que a aplicación para presentar a declaración da renda ten "varios erros ortográficos e gramaticais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (ANFL) denunciou este sábado o "desinterese" da Axencia Tributaria polo idioma galego, xa que a opción en lingua galega na aplicación informática para presentar a declaración da renda "presenta varios erros ortográficos e gramaticales". "Expresa o desinterese por parte do organismo estatal de repasar e reparar os erros", di.

Así mesmo, a asociación explicou que se a opción en castelán presentase un número igual de faltas gramaticales sería corrixida rapidamente e solicitaríanse desculpas. No entanto, indicaron que no caso do galego "non hai ningún intento de corrección".

"A nula oferta de cursos de linguaxe administrativa en galego para os funcionarios do Estado, o costume asentado do uso do tradutor, a falta de revisión por parte de persoas formadas en lingua galega ou a desconsideración das autoridades competentes tras varias denuncias presentadas en ocasións anteriores ante os órganos do Estado son algunhas das causas que explican esta denuncia da AFNL e a existencia dunha clara desigualdade no tratamento das linguas", lamentou.

Neste sentido, a asociación presentou unha queixa ante o Consello de Defensa do Contribuínte para solucionar estas circunstancias. Para a ANFL, a Administración "ten que dar un servizo de calidade" e indicou que o cumprimento da norma "é un dos fundamentos centrais da súa existencia".

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta