Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 13:57
Unha incidencia nas instalacións ferroviarias na zona de Lubián, en Zamora, causou na mañá deste luns atrasos en dous trens en Galicia.
En concreto, os trens afectados foron en Alvia que cubría o traxecto entre Ferrol e Madrid, que rexistrou un atraso duns 43 minutos, e o Alvia Madrid-Pontevedra, que ás 11,00 horas desta mañá circulaba cun atraso de 49 minutos.
Adif informou, a través das súas redes, de que a avaría causou demoras no tráfico ferroviario entre Zamora e Ourense, aínda que a media mañá xa puido ser solucionada e a circulación vai recuperando a normalidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.