Chegan a España os corpos dos dous mozos galegos falecidos nos atentados

Os dous serán enterrados en Pontecesures.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Os corpos de María González Vicente e Alberto Chaves, os dous mozos galegos falecidos nun dos atentados que o pasado domingo afectaron a Sri Lanka, chegaron este venres a España, segundo confirmou o ministro de Exteriores, Josep Borrel, a través da súa conta oficial de Twitter.

Desta maneira, ambos os corpos serán trasladados ata Galicia, onde serán velados xuntos por desexo das súas familias. O tanatorio de Iria Flavia, na veciña localidade de Padrón, espera abrir a capela ardente na tarde deste venres.

Así, está previsto que ambos os mozos sexan enterrados no cemiterio de Pontecesures na tarde do sábado. Aínda que Alberto Chaves era orixinario do municipio coruñés de Rianxo, establecera o seu domicilio en España en Pontecesures, de onde era María González, e onde está previsto que descansen os dous.

Os restos mortais da parella sairán ao redor das 18,00 horas do sábado desde o tanatorio de Iria Flavia ata a Igrexa de San Xulián de Pontecesures, onde, ás 18,30 horas, haberá unha misa funeral na súa memoria, que presidirá o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

Borrel lamentou a través de Twitter a "cruenta cadea de ataques" producidos en Sri Lanka "que nunca debeu suceder" e deu o seu "máis sentido pésame" ás familias das vítimas. Ademais, agradeceu á embaixada española na India e á Cónsul Honoraria en Colombo o seu traballo.

Atentados en Sri Lanka
Atentados en Sri Lanka | Fonte: RTVE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta