Unha galega á conquista do Pacífico: Cruzando o Estreito de Panamá

Maite Rojo é patroa de barco. Logo de atravesar o Atlántico gobernando un veleiro, agora comeza unha nova aventura no Pacífico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día desta súa nova travesía mariña que a levará polo Caribe, a canle de Panamá, Galápagos, Marquesas e Polinesia.

Por Galicia Confidencial | Panamá | 21/05/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Saímos de Shelter Bay no lado caribeño, xá cun linesman (é Roberto, un bo home e mariñeiro experto en dar cabos e que estamos obrigados a ter a bordo) para dirixirnos a unha zona de fondeo na que temos que esperar ao prático que nos axude no famoso canal.

Maite Rojo cruza o estreito de Panamá
Maite Rojo cruza o estreito de Panamá | Fonte: remitida

Tras subir o práctico a bordo, comenzamos a movernos. Estamos excitados e sorprendidos e non paramos de facer fotos e comentar o importante que supón pasar este paso nun veleiro.

O primeiro día pasaremos tres comportas ou esclusas que nos fan subir 27 metros sobre o nível do mar, ata o Lago Gatún. O canal escomenzou na sua maioría de dragado e de edificación no ano 1855, onde moitísimos persoas (entre eles galego) que traballaron na sua construcción morreron a causa das febres amarelas polos mosquitos.

Pasamos por unha torre onde aparece unha placa co ano 1913, ano da sua inaguración final, e cada vez que navegamos ata unha esclusa, as comportas pechan e nos inundan con toneladas de auga dóce. Imaxinamos as bombas que fan falla para impulsar toda esa auga que fai vibrar todo o barco.

Lanzáronos unhas sisgas onde atamos os cabos que nos conectan cuns mariñeiros en terra (vese unha diana ao fondo onde fan práticas para atinar. A verdade é que son verdadeiros artistas con lanzamentos desde moi lonxe). Hai dúa pérsoas en proa e duas en popa para tensar ou lascar os cabos segundo sexa necesario polo nível da auga e para manter o barco no medio do canal. Este sistema dos cabos nolo fan así porque somos un barco de 20 metros, pequeno para eles, senon utilizan uns trens para tensar os cabos de barcos mercantes que asemellan non coller no estreito canal.

Maite Rojo pilotando polo estreito de Panamá
Maite Rojo pilotando polo estreito de Panamá | Fonte: remitida

Imos tres barcos en fila, a sensación de vibración de todo o barco cando estamos esperando a que se encha, a cantidade de burbullas coma nun jacuzzi e a presion sobre dos barcos e cabos e fascinante. Levalle entre sete e nove minutos, impresionante!.

Unha vez acabamos as 3 esclusas, mais arriba, miramos cara atrás e vemos a diferencia de alturas. Seguiremos 21 millás mais polo lago, colleremos unha boia e pasamos a noite. O día seguinte amence tranquilo e repetimos o mesmo proceso. Esperamos polo prático e camiñamos cara ás ultimas 3 esclusas. Neste día teremos a Ricardo, un panameño mói simpático casado cunha galega de Ourense. Con ela acabo, por suposto, falando por vídeochamada coa insistencia do piloto, super entrañable.

E neste caso vamos de baixada, o cal non notamos tanto e ademais nos recomendan abarloar a outro barco de pasaxeiros, o cal nos facilita moito toda a manobra. As correntes de entrada e saída de tanta auga, fan os movementos a motor mói agresivos, mais con tres mariños experimentados, todo sae super ben.

Hoxe era día de eleccions en Panamá e non poden beber alcohol ata o dia seguinte. Pero despois dunha intensa xornada, celebramos cunha cervexa que todo saíu a pedir de boca.

O final do canal ĺévanos a Marina La Playita, ao lado de Panamá cidade, contraste de rañaceos e cidade antigua, que, por suposto, visitamos.

Un taxista explícanos que utilizan 52 millóns de galóns de auga, case uns 200 millóns de litros de auga potable para facer estas operacións. Eu pregúntome como pode ser posible isto. De feito, os cidadáns sufrirán, en menos dun mes, cortes de auga e de electricidade nas súas casas por mor disto.

Este é o ser humano no seu camiño co diñeiro a costa do que faga falla. Sinto pena pola poboacion do lugar que ten que pagar a factura.

Nós seguimos no noso cruce e as nosas aventuras. Ata o próximo porto onde os poida mandar unhas liñas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta