A candidatura de Carvalho Calero para o Día das Letras, novo motivo de disputa na RAG

Un grupo de académicos critican á Executiva e a outros colegas por “arrogarse” a candidatura do crítico ferrolán para o 2020 tras vetalo durante cinco anos consecutivos. No centro da polémica, a división que aínda persiste na RAG e o debate reintegracionista.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/06/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Un grupo de membros da Real Academia Galega (RAG) pide que o Día das Letras do 2020 sexa para o ensaísta, crítico e creador literario Ricardo Carballo Calero --Carvalho Calero en reintegrado--. Baixo o comunicado ‘A Galicia insólita: dúas propostas para Carballo Calero DLG 2020’,  este grupo de académicos insiste na “calidade incuestionable do seu inmenso labor como crítico, ensaísta e creador literario, e tamén por encarnar valores coma o antifascismo e o galeguismo”.

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero | Fonte: Artabra Dixital

A nova proposta está avalada por sete dos oito académicos que o apoiaron hai un ano; Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Chus Pato, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Euloxio Rodríguez Ruibal, Manuel Rivas Barrós e Xosé Luís Regueira Fernández. 

Ademais, pídenlle ao resto de compañeiros da Academia que eviten novos vetos a Carballo por ser un dos principais defensores da normativa reintegracionista. “Somos moi conscientes da opción reintegracionista que defendeu Carballo desde mediados da década de 1970, pero consideramos que a Academia non debe temer o debate normativo, pois mala cousa sería se a institución non fose quen a defender social e filoloxicamente a bondade da normativa vixente”, indican nunha clara alusión ao rexeitamento que este persoeiro suscitou na RAG nos últimos anos.

SEXTO ANO CONSECUTIVO

O certo é que é o sexto ano consecutivo no que se presenta esta candidatura. O 24 de maio do 2018 estes mesmos académicos presentaron a proposta de Carballo para o Día das Letras Galegas 2019; e o 8 de xuño, dúas semanas despois, outro grupo de académicos presentaron a opción de Antonio Fraguas. “Os méritos do etnógrafo de Cotobade son innegables, pero  nunca debeu ser usado para seguir postergando e marxinando a Carballo”, engaden nun comunicado remitido aos medios.

Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia
Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia | Fonte: Xurxo Lobato

Entón, na votación, a candidatura de Antón Fraguas impúxose sobre a do escritor Ricardo Carvalho Calero por 16 votos fronte a oito. Segundo dixo entón o presidente da RAG, a decisión foi froito dun "debate vivo e apaixonante" entre os defensores de "dúas grandes figuras". Sobre a candidatura do escritor ferrolán, Freixanes expresou que a RAG é "consciente" da "importancia" de Carvalho Calero. "Haberá un momento no que sairá (elixido)", aseguraba.

E, precisamente, ese momento chegou este ano. O pasado maio, os académicos Margarita Ledo, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares impulsaron a candidatura do ferrolá que conta co apoio de trece membros, entre eles da Executiva da Academia, formada por Víctor Freixanes, presidente; Henrique Monteagudo; Marilar Aleixandre, Andrés Torres Queiruga e Fina Casalderrey, ademais de Luz Pozo Garza, Pegerto Saavedra, Francisco Díaz-Fierros, Xosé Luís Franco Grande e Salvador García-Bodaño.

CRÍTICAS

Por iso, os sete académicos críticos lembran que esa proposta foi presentada polos que “se opuxeron radical e combativamente á elección do autor de Scórpio, malia recoñecer a súa enorme contribución á cultura galega”.“Resulta sorprendente que quen hai só un ano consideraba que a elección de Carballo sería un atentado contra a lingua galega, vexa nel agora unha figura merecente de ser celebrada, viraxe que talvez se deba á intención de botarlle terra a un lamentable proceder en anos anteriores”, engaden no comunicado.

No fondo da polémica radica a división existente desde hai varios anos entre un grupo de académicos afíns a Ferrín e outros que, desde a súa saída da Presidencia, levan gañando as distintas eleccións á presidencia da RAG, primeiro con Ramón Villares e logo Con Xesús Alonso Montero e Víctor Freixanes.

OUTRAS CANDIDATURAS

A de Carballo Calero non é a única candidatura que leva varios anos presentándose. Tamén a Asociación Cultural "Avelino Díaz" presentaba o pasado 15 de maio a candidatura deste poeta ao Día das Letras Galegas, neste caso do ano 2020. Era a cuarta ocasión na que o facía.

Hai xa anos que esta asociación e os concellos de Riotorto e Meira decidiron organizarse para tratar de divulgar a vida e a obra de Avelino Díaz Díaz (A Órrea, 1897 – Buenos Aires, 1971), tentando que a Academia lle dedicase o Día das Letras en 2017, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento, ou en anos posteriores. Ante os infrutuosos intentos de que a RAG recoñeza a este xornalista e literato, a asociación e os concellos volven insistían na necesidade de "reparar" o que consideran "unha inxustiza". É por iso que a candidatura de Avelino Díaz foi presentada de novo para o Día das Letras do ano 2020.

Nunha misiva enviada á RAG, os promotores da candidatura argúen a importancia e necesidade de homenaxear a este autor no Día das Letras Galegas. En primeiro lugar, "porque o Día das Letras homenaxearía con el, dun ou doutro modo, a diáspora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

3 uu1

A língua galega esmorece, precisamos juntarmos todos para evitar a sua desaparição. A bi normativa é o único caminho de não deixar a ninguém fora da nossa língua. Os extremistas, puristas e demagogos não podem condicionar o futuro. A lingua galega esmorece, precisamos xuntarmos todos para evitar a súa desaparición. A bi normativa é o único camiño de non deixar a ninguén fora da nosa lingua. Os extremistas, puristas e demagogos non poden condicionar o futuro. A língua galega esmorece, precisamos juntarmos todos para evitar a sua desapariçom. A bi normativa é o único caminho de nom deixar a ninguém fora da nossa língua. Os extremistas, puristas e demagogos nom podem condicionar o futuro, Bi NORMATIVA

2 Bernardo

Supoño que don Ricardo estará a rir.

1 BMtS

Carvallo Calero non ten ningún mérito para recibir o día das letras, o único que fixo foi divulgar as ideas imperialistas de Rodrigues Lapa. O día das letras que falta é para Saco y Arce, o primeiro gramático do galego. Esta si unha persoaxe meritoria.

1 Cabanês

O teu nível cultural fica retratado desde a primeira palavra que escreveste: "Carvallo". A partir de aí, tudo o que escreveste ficou sem valor nenhum.

2 2Dep

Peor é escribir "Calero", en galego "caleiro", o lugar onde se prepara o cal.

3 Sempre galego

Palabras literais de Rodrigues Lapa: "Convenci-me inteiramente de que, para nos conhecermos bem, teremos de conhecer a Galiza, onde está a nossa mais profunda raiz". "Cinjo na minha actividade de escritor, as três dimensões da nossa cultura, que são cronologicamente a galega, a portuguesa e a brasileira". Se isto é ser imperialista que serán eses que temos aí ao lado do leste? Moito descoñecemento é o que evidencias BMts. E algo máis. Por certo debes escribir UN PERSONAXE non UNHA PERSONAXE, que é masculino como paxe ou traxe...

4 e6fm

Rodrigues Lapa falaba de adopta-lo portugués para logo anexionar Galicia.