O paraíso Ikea comeza a agretarse

Os traballadores maniféstanse porque a multinacional de moblería despide compañeiros se non cambian a súa xornada. Dos 400 empregos comprometidos por políticos e empresa, só hai contratados 290. Os operarios máis afortunados cobran uns 900 euros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/03/2012 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A tenda de IKEA, que as administracións local e autonómicas presentaron como un gran avance para o emprego na Coruña, xa botou a máis de cen dos 400 traballadores que a empresa e as propias administacións comprometeron que se crearían.

None

UXT maniféstase, Fetico cala

Convocados polos seus representantes sindicais da UXT, os asliarados concentráronse onte diante do centro comercial Marineda City.

"Esta concentración esta motivada por conflitos laborais, entre eles o recorte en salarios de algúns trablladores eliminando o complemento que percibían por estar dispoñíbeis sábados e festivos; e polo despido de algúns traballadores, o último por negarse a modificar a súa xornada laboral", explica o comité nun comunicado público. Os proletarios manifestáronse cunha faixa co lema "non aos despedimentos inxustificados, readmisión xa".

UXT denuncia que a maioría dos traballadores que aínda se manteñen na tenda non cobran nin 900 euros se son dos privilexiados que teñen xornada completan. A maioría, contratados a tempo parcial, non chega aos 500 euros ao mes. A mellora das súas condicións laborais é complicada, pois a maioría dos seus representantes están afiliados a Fetico, central sindical cunha longa historia de denuncias por estar controlada pola patronal das grandes distribuidoras.

A multinacional sueca contou con importantes apoios políticos para instalarse na Coruña. Malia o evidente prexuízo que supón as moblerías locais, frecuentes até hoxe en Galicia, os políticos competiron por saíren nas fotos das inauguracións.

Así o ex-alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, sacaba peito presumindo que Ikea escollera A Coruña porque o "Concello planificou correctamente o desenvolvemento da cidade". A Xunta tamén realizou importantes investimentos en asegurar que Marineda City tivese as mellores condicións de acceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 arteixán

O ex alcalde da Coruña chámase Javier; Abel Losada é outro e, aínda que do mesmo partido, doutra cidade ;)

5 Nemigo

en ikea xa se decataron que a coruña non foi unha boa elección, non ten suficiente poboación a cidade e tampouco están ben situados. O lugar bo era santiago pero non querían quitarlle mercado a porto agora que aguanten a desfeita, que non olvidemos teñen o negocio montado pero nunca poderán ampliar, non hai sitio

1 Saña

E os de Vigo preferen ir a Porto, antes que a Coruña, asique o teñen claro, mais ERES

2 Bruar

Nemigo, algúns coñecemos Ikea por relacións comerciais, antes e despois da súa implatación na Coruña. Non é un problema de que a bisbarra e área de influenza comercial careza de potenciais clientes, o tema do persoal contratado é outro. Din que nos tempos da república e do imperio romano non escollían a libertos, e moito menos a cidadáns, para "controlar" aos escravos. Pois iso...

4 Saña

Gustariame escoitar algo axeitado dos nosos capataces, perdon "empresarios" ante esta desfeita, eles que tanto piden e piden, e siguen `"pedindo" ao Estado (todos nos) pra encher o seu peto a conta de todos, asi mesmo aos papanatas empresarios da mediana e pequena empresa,que aplaudiron cas orellas as instalacions das multinacionales que agora os levan a ruina, ULO? a Ceoe, o circo de e empresarios, as organizacions de Autonomos, etc. etc. nin se lles ve nin se lles espera, asi comno a certos sindicatos mais que amarelos blancos de sobarlle tanto a badana ao facerlle o " rendez vous" o Capitalismo, Traballadores asalariados, so nos poderemos liberarnos ca nosa union e forza.

3 VMS

Como de costumbre, noticia con información sesgada y errónea. Ni es cierto lo que decía Losada de que Coruña planificó bien sus inversiones, ni lo que decís vosotros de que la Xunta le pagó los accesos: habláis de la tercera ronda, que pasa al lado de Ikea, no porque se le hiciese para ellos. Estaba planificada de muchos años atrás y por eso los promotores de Marineda se establecieron allí. La obra se acabó tarde con respecto a lo que debería (y faltan tramos que Dios sabe para cuando, por tanto la planificación de obras ha sido horrible), y si el tramo que lleva a Ikea por el oeste está terminado, es entre otra cosas, porque Ikea pagó de su bolsillo parte de la obra. Por tanto no solo la Xunta no le hizo una obra para ellos, sino que gracias a ellos todos tenemos una obra planificada de mucho antes.

2 Sanctius

Sen defender a Ikea nin a outros grandes tinglados comerciais, que non o merecen en absoluto, tamén hai que dicir que non me dan pena ningunha os titulares de pequenos comercios que se ven prexudicados pola presenza de grandes superficies na súa contorna. Preguntádelle aos empregados deses pequenos establecementos polas súas condicións laborais e salariais e comprobaredes que os seus propietarios non son filántropos precisamente. Ademais, resulta moi curioso que eses pequenos empresarios reclamen flexibilidade no despedimento ou exencións ás obrigas derivadas da negociación colectiva, pero cando un peixe gordo ameaza con paparlles o seu negocio, esixen que as administracións interveñan para pararlles os pés. Como é posible que un empresario estea en contra do capitalismo e da liberdade de empresa? Xa se sabe: liberalismo si, pero cando a min me convén; cando a miña farraca periga, daquela que veña papá Estado a protexerme.

1 Otero

Non esquezas que as grandes sufperficies como Ikea, Carrefour ou El Corte Inglés teñen moitísimo poder, e polo tanto, moita máis responsabilidade na precarización do emprego que un pequeno empresario. Na contradición en que incorren eses capitalistas que se mosquean cando aparece un competidor máis forte, que máis podo engadir ao que escribes? Deches no cravo.