O paraíso Ikea comeza a agretarse

Os traballadores maniféstanse porque a multinacional de moblería despide compañeiros se non cambian a súa xornada. Dos 400 empregos comprometidos por políticos e empresa, só hai contratados 290. Os operarios máis afortunados cobran uns 900 euros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/03/2012 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A tenda de IKEA, que as administracións local e autonómicas presentaron como un gran avance para o emprego na Coruña, xa botou a máis de cen dos 400 traballadores que a empresa e as propias administacións comprometeron que se crearían.

None

UXT maniféstase, Fetico cala

Convocados polos seus representantes sindicais da UXT, os asliarados concentráronse onte diante do centro comercial Marineda City.

"Esta concentración esta motivada por conflitos laborais, entre eles o recorte en salarios de algúns trablladores eliminando o complemento que percibían por estar dispoñíbeis sábados e festivos; e polo despido de algúns traballadores, o último por negarse a modificar a súa xornada laboral", explica o comité nun comunicado público. Os proletarios manifestáronse cunha faixa co lema "non aos despedimentos inxustificados, readmisión xa".

UXT denuncia que a maioría dos traballadores que aínda se manteñen na tenda non cobran nin 900 euros se son dos privilexiados que teñen xornada completan. A maioría, contratados a tempo parcial, non chega aos 500 euros ao mes. A mellora das súas condicións laborais é complicada, pois a maioría dos seus representantes están afiliados a Fetico, central sindical cunha longa historia de denuncias por estar controlada pola patronal das grandes distribuidoras.

A multinacional sueca contou con importantes apoios políticos para instalarse na Coruña. Malia o evidente prexuízo que supón as moblerías locais, frecuentes até hoxe en Galicia, os políticos competiron por saíren nas fotos das inauguracións.

Así o ex-alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, sacaba peito presumindo que Ikea escollera A Coruña porque o "Concello planificou correctamente o desenvolvemento da cidade". A Xunta tamén realizou importantes investimentos en asegurar que Marineda City tivese as mellores condicións de acceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

1 Manolo2

Menos mal que por contra otros como Iria Aboi, la Pontona, Bieito Lobeira, el Jorquera y demás eminencias del partido comunista patriótico, van a crear empresas anticapitalistas donde los trabajadores van a trincar todos como ellos, 4500 euros netos, como mínimo.

1 eue

O patrimonio de Ana Pontón non chega aos 15.000 euros e Bieto Lobeiro nin siquera ten coche. Esta xente poden facelo peor ou mello, pero do que non hai dúbida é da súa honestidade, que contrasta co medio millón de euros de patrimonio declarado de Alberto Núñez Feijóo. Que alguén me explique cómo é posible que un funcionario de segunda como ese pode ter medio millón de euros en patrimonio, sen roubar claro.

2 Manolo2

De su honestidad no dudarás tu porque es de los tuyos....Así que administrar bien los abultados ingresos de cualquier político es motivo de duda. Sin embargo, gastarlo todo - a saber en que - es buena señal. Núñez Feijoo lleva más de 15 años con sueldo de director general, diputado, conselleiro, presidente de la Xunta,etc, que no es precisamente de funcionario de segunda. Es lógico que pueda ahorrar dicho dinero.

3 El PPresidente

O sea, soy un ejemplo de espíritu emprendedor, de esos que gustan en mi partido. Por eso estamos a favor de que darles caña a quienes viven de un puesto público.

4 Bazarra do BNG

Eu si que son un empresario galego modelo

5 bouzas

Moi ilustrativo o eue, moi gardador da honra, a pureza e outras virtudes... A saber, a tal Pontona en 8 anos de parlamentaria levou do erario público entre 300.000 e 400.000 euros. Máis do que calquera traballador terá na súa vida laboral, e con menos retencións. Hoxe hai desemprego, precariedade, privacións, até fame, pasando polos deshaucios (200 cada día no estado). Logo que a Pontona teña -ou declare, que non é o mesmo- 15.000 euros é un insulto. Que os gastara en alegrías ou llos entregue ao partido, coa que está caendo -e sendo comunista, un dicer-, outra faltada aos que menos teñen. Pois iso, que o demo lle conserve a honra, a capacidade para administrar -polo que ollamos nula no propio, logo pouco esperamos no público-, e a fé dos que a adorades.