Rajoy, "o mintireiro"

Hai algo máis de dous meses Mariano Rajoy tomou pose como presidente do goberno español...

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 07/03/2012

Comparte esta noticia
Unha das suas afirmacións máis recurrentes na toma de pose e antes como lider do PP na oposición foi prometer que ia dicir a verdade, dous meses despois o prestixioso xornal de negocios alemán, Handelsblatt compara a Rajoy con Pinocho e o xornalista Miquel Roig faise eco en Expansión dos problemas de credibilidade internacional do presidente.
 
Non nos pode extrañar en absoluto, a continuación probas audiovisuais das duas principais mentiras de Mariano Rajoy desde que é presidente do goberno, a referida aos impostos e a que trata do cambio do obxectivo de défice público para o 2012,  medidas ambas que o situan directamente como un gobernante que cree nas políticas socialistas e keynesianas, no seguinte video podemos comprobar o convencido que estaba Rajoy e os seus compañeiros de partido de que a suba de impostos constituia un gravísimo erro.
 
 
Non tardamos máis que unhas semanas desde a sua toma de pose en comprobar que o señor Rajoy era un mentirán, xa son dous records os que ostenta, o maior ratio mentiras / tempo no poder e o maior número de promesas de que ia dicir a verdade en toda unha carreira política. Soraya Saénz de Santamaría inspirouse en Lisa Simpson para facernos tragar a pílula da selvaxe suba de impostos "popular" e non dubidou en utilizar os argumentos da xustiza e da equidade, no seu sentido socialista, para xustificar unha acción confiscatoria.
 
 
Rajoy está dilapidando o capital político da sua maioría absoluta a un ritmo de vertixe, España, grazas ás políticas de corte estatista e socialista do Partido Popular pasa a ocupar o terceiro posto no ranking europeo do imposto da renda, Spain moves to top of tax table só detrás de Suecia e Bélxica.
 
Pero non contente con esta mentira o señor Rajoy tras asegurar que cumpriría o obxectivo de défice público de España para o 2012 fixado pola Unión Europea, no 4,4%, como asegurou na sua visita a Lisboa e en moitas máis ocasións. 
 
 
Non tardou moito en mudar de opinión e fixar unilateralmente, e sen acordo coa Unión Europea un obxectivo de défice case un punto e medio por riba do que, reiteradamente, se tiña comprometido a cumprir, unha vez máis o señor Rajoy mentia, e faciao apoiándose no argumentario socialista e na teoría keynesiana da negatividade duns recurtes "excesivamente drásticos".
 
 
Nesta circunstancias non é de extrañar que a credibilidade internacional de España caia en picado, nun artigo no The Economist posterior ao cambio do obxectivo de défice ao 5,8% comézase a xulgar a Rajoy como un novato e a insinuar que é un falso que xoga a un extraño xogo "A novice in European summits, Mr Rajoy has been playing a strange game. He was careful not to discuss specific figures with fellow leaders. But as soon as he emerged from the summit he declared that Spain’s deficit this year would be 5.8%, rather than the agreed target ratio of 4.4%. He insisted, though, that Spain would still fall below the 3% deficit limit in 2013, as planned." 
 
E non só isto tamén se fala do enfado en Bruxelas co goberno do PP, por estar atrasando a presentación dos orzamentos do estado por intereses políticos relacionados coas eleccións andaluzas, desde Alemaña comezase a afirmar como un feito que España minte sobre as cifras "There is irritation that the Spanish government is delaying its budget pending regional elections in Andalusia that Mr Rajoy's party hopes to win, and suspicion that it is inflating last year's deficit figures to blame its Socialist predecessor. The commission says it wants to double-check the numbers. But a senior source in Berlin puts it more bluntly: “Everybody knows the Spanish are lying about the figures.”
 
Hoxe asinei o manifesto de "esto es un atraco" que denuncia, desde un punto de vista liberal a opresión fiscal á que nos somete o PP, deixo para rematar o video que apoia esta imprescindible iniciativa e aproveito para dicirlle a todos os liberais que, enganados, apoiaron ata agora ao PP, que son benvidos na casa dos liberais galegos.
 

Esto es un atraco from estoesunatraco on Vimeo.

 
 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA