Artigos de Carlos González Armada

Despois das Xerais hai Autonómicas

Estamos inmersos nunhas eleccións xerais nas que posiblemente o resultado de EnMarea repítase en canto a deputados, haberá que ver a participación para saber se en canto a votos, pero a pesar diso en Galicia debemos de pensar en clave autonomica porque detrás das xerais teremos unhas eleccións autonómicas.

A Galiza que queremos

Radical!!!. Esa e a palabra coa que muitos neo/liberais pretenden encuadrarnos a outros polo simple senso de pensar distinto. Os que me conhecem, os que conhecem os meus amigos, os meus companheiros saben que nin eu, nin eles somos radicais.

Deixen traballar, as présas son malas conselleiras

Carmen Santos Queiruga decidiu nomear o seu consello de coordinación con xente da súa lista, un mar de xente, e iso supúxolle as primeiras criticas, incluso os primeiros ataques, e teño que dicir que creo de forma inxusta.

Unha democracia verdadeira

Neste pais chamado España aínda temos moito que aprender en dialogo e democracia, o problema é que algunhas persoas que presumen de demócratas, e que ademas dinse chamar xornalistas, non só manipulan a información senón que ademas falan mal do resto de medios e compañeiros que non son da súa ideoloxía política, e todo co fin de obter uns réditos, non se sabe de que, e difamar ás partes contrarias ás súas teses.

Que vén o lobo!!!

Iso parece que pensan os señores do IBEX cando se fala da posibilidade de que Podemos entre no goberno, non pensan en como establecer un marco regulador de negociación na que eles se comprometan a unha redistribución da riqueza a cambio de que o futuro goberno cumpra uns obxectivos, simplemente pensan en que van perder un lucrativo negocio onde só eles gañan, e claro....asústanse!!

Podemos... Pero, coidado, que veñen curvas

Nestas ultimas horas están a suceder unha serie de acontecementos dentro de Podemos Galicia que me deixan especialmente preocupado. Concretamente refírome a unha loita de poder sen cuartel que representa a esencia da vella política.

Galicia a ignorada

Xa estamos, unha vez máis, na mesma situación perniciosa de sempre, Galicia queda sen representación real ante o estado Español e ante o resto de comunidades autónomas, noutras palabras, os cidadáns galegos quedamos unha vez máis sen representantes políticos que poidan defender os nosos intereses de forma libre e independente.

O gran pacto catalán

O pacto alcanzado pola CUP e JxSI é inadmisible para os que defendemos unha democracia real e participativa.