Unha novela de personaxes, feminista e una radiografía dos problemas sociais. Así se define a nova novela de Inma López Silva, "Aqueles días nos que eramos malas", editada por Galaxia e que supón unha mirada intimista sobre catro mulleres que pasan os seus días no cárcere da Lama. Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións lembran eses días do pasado, as reviravoltas das súas vidas ata chegar ao cárcere. Mesturadas coa voz confesional de Inma, atopamos experiencias e circunstancias, recordos e vivencias, que fan que se humanice a estas mulleres.