Artigos de Xosé Glez.

Somos galegos nos gastos ou non?

O peche progresivo de explotacións agrarias é a causante, en gran medida, dos fluxos migratorios cara as vilas e cidades localizadas na franxa atlántica do país, onde se concentra xa o 60%, máis ou menos, da poboación galega. Vigo e a súa comarca, por exemplo superan o número de habitantes da provincia de Ourense. Co peche de explotacións agrarias Galicia perde recursos, que as grandes cadeas de distribución aproveitan para introducir produtos foráneos que desprazan aos autóctonos que atopan serias dificultades para introducirse nestas canles de comercialización. As dificultades son tan grandes como a competitividade deses mercados. Producir para non poder vender é o drama de moitos pequenos empresarios de transformación de produtos agrícolas.

O Pepe Neira Vilas que eu coñecín

A inesperada morte de Pepe Neira mergullounos a miña filla Antía e a min na tristura, e fíxonos recordar as frecuentes e demoradas conversas telefónicas que tíñamos con el. Recordándoo apilei enriba da mesa moreas de cartas que me escribíu durante décadas.

Homenaxe ao doutor Peña Rey

Para coñecermos a historia da ciencia e da medicina en Galicia publicaronse dous excelentes libros que recomendamos. Un, do historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, titulado “Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940)”.

Mondariz na memoria de Luís Soto

Co nomeamento oficial de mestre no peto viaxou Luís Soto en outubro de 1934 desde Vilanova dos Infantes a Mondariz. Ía tomar posesión da escola á que fora destinado, pero antes parou no Hotel-Balneario de Mondariz para saudar ao seu amigo, Enrique Peinador Lines.

Festas e galeguización no Morrazo

Noutros tempos as festas populares caracterizábanse pola variada proliferación de santos e santas avogosas que atendían ás máis variadas enfermedades ou achaques da saúde dos ofrecidos. Os avances científicos para o tratamento das doenzas foi relegando a un segundo lugar a eses intermediario relixiosos. Foi asi como as festas foron perdendo devotos e gañando un público que procura nelas espazos de lecer.

Memoria viva

Por detrás do Couto Mixto, en terras arraianas, está a Alturas do Barroso, unha freguesía na que os seus habitantes viven da gandería. Na porta de entrada do cemiterio hai unha placa cun texto do escritor Miguel Torga, un barrosá universal, que di así: “Cada paroquiano pisa, pelo menos dominicalmente, a sepultura dos ancestrais, e se liga a ela, quase orgánicamente. Vive, nunha palabra, referenciado. Sabe que ten presente porque houve pasado, e que, mais cedo ou mais tarde, enterrado ali também, será para os descendentes consciencia e justicaçao de futuro”.

A lingua dos tractores

As aínda recentes mobilización dos gandeiros sacando os seus tractores ás rúas demandando prezos xustos para o leite tiveron coma obxectivos ás administracións públicas que son as que están obrigadas a arbitraren nun conflito no que as outras partes, a empresas leiteiras, son tamén corresponsables da precarización na que viven as explotacións agrarias.

Cando o balneario de Mondariz foi exemplo no mundo

Sempre tiven a curiosidade por saber en que modelo se inspirou Manuel Fraga para poñer en marcha a rede de paradores de turismo. Sendo presidente da Xunta de Galicia tiven a oportunidade e pregunteille se por casualidade tiña lido o libro “Índice de Utopias Gallegas” de Evaristo Correa Calderón, que fora profesor seu no instituto de Lugo. Recoñeceume que, efectivamente, aquel libro publicado en Madrid en 1924 lle fora de moita utilidade polas teses que expuña para converter as torres, castelos e pazos en modernos e luxosos hoteis.