Artigos de Jose Luis Quintela

Cren vostedes nas princesas?

Nestes días de acontecementos importantes na liña sucesoria da Coroa española, propoño con esta columna unha reflexión sobre a pertinencia das monarquías no momento presente, a partires de valores democráticos e dunha simetría nas obrigas e nos dereitos, rexeitando o berce como forma de provisión desta maxistratura do Estado. Porque estamos no século XXI, onde o carácter divino ou case máxico na provisión dos monarcas está amplamente superado... ou non?

Cartos... son a única ou a mellor remuneración?

A pesar das precarias condicións en certos segmentos de traballo, hai no país persoas que non apostan polo maior rendemento económico na súa actividade profesional, senón que condicionan a mesma a outro tipo de valores, crenzas, ideas e prácticas, a outros elementos de benestar e desenvolvemento persoal e colectivo. Hoxe propoño unha reflexión sobre este fenómeno, que honestamente penso está en aumento...

Medo ao cambio?

A vida é cambio. Nós somos cambio, moito máis do que tendemos a pensar. E, aínda así, persistimos en formas e modos de organización social e política que, ao mellor, tamén poden mudar sen moito maior drama. Non dunha forma caótica, pero si como froito do natural devir, como forma de “aggiornamento” aos novos tempos... Invocar á tradición ou mesmo á Lei hoxe vixente pode ser, ás veces, un tanto reducionista... Ou non?

Progreso, curto prazo e cobiza

Como afectan as decisións de hoxe á sociedade de mañá? E como un exceso de curto prazo na nosa visión pode comprometer o horizonte das xeracións vindeiras? É lícito o mirármonos agora, sen ter en conta as consecuencias futuras dos nosos actos presentes? Como afrontamos isto na súa dimensión colectiva? Sobre todo iso vai este texto, nos tempos nos que estamos a definir en boa medida a sociedade na que vivirán os nosos fillos, netos e os que veñan máis adiante...

As miñas liñas vermellas para o vindeiro 23X

Vivimos en democracia, e temos que construír o conxunto con achegas desde todas as sensibilidades políticas. Pero hai algunhas liñas vermellas que, desde o meu punto de vista, só destrúen. Non contribúen a consolidar unha sociedade mellor, máis humana e máis sustentable. Velaquí as mesmas...

O verniz

Progresa a educación no país nunha senda de descapitalización da mesma, convertendo ás titulacións nun verniz cada vez con menos contidos asociados? Sobre isto reflexiono neste frenético mes de xuño, antesala do fin do curso escolar, do tempo de solsticio e das vacacións de verán para a rapazada...

E vostede, que modelo de monte propón?

É preciso un grande consenso, aínda inédito en Galicia, sobre os usos do monte e as liñas estratéxicas precisas para os traballos conducentes a un escenario máis alentador. Consenso político, por suposto, pero tamén social e económico. Non podemos seguir así, porque o resultado supón un grande impacto negativo.

É o turismo un gran invento?

No eido turístico é imposible crecer e crecer sen danar a calidade do produto que vendemos. E non digamos nada, xa, de cuestións medioambientais ligadas á sostibilidade de tales recursos. Se na Fraga do Eume ou na Devesa da Rogueira nos xuntamos na Semana Santa moitísimas persoas, temos un problema. O mesmo que en calquera outro lugar, especialmente se é de especial protección. Pero, entón.... que facemos?
Jose Luis Quintela Julián José Luis Quintela Julián (A Coruña, 1968) é licenciado en Física e Ms en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. MBA en ICADE, Posgrao en Xestión de Entidades non Lucrativas por ESADE e Especialista na Unión Europea pola Universidade de Vigo. Foi profesor asociado nas Facultades de Física e Óptica da USC, impartiu clase de Matemáticas e Física en Bacharelato e traballou no sector privado, no eido da enxeñaría. Foi Director Territorial da Fundación Intermón Oxfam en Galicia, León e Asturias, Director Interino de dita organización en Guatemala e tamén VicepresIdente do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento e secretario da Coordinadora Galega de ONGDs. Traballou como Director de Área de Servizos Sociais no Concello de A Coruña e nesta etapa presta servizos como profesor de Física e Química no ensino público galego, continuando involucrado no terceiro sector na xunta directiva dunha organización coruñesa de inclusión social.