Artigos de Manuel H. Iglesias

Istes rapaces

A todos nos aconteceu que na nosa mocidade tíñamos tanta ilusión e forza que, cretinos de nós, pensabamos que íamos a comer o mundo; que todos os problemas arranxábanse con decisións máis ou menos drásticas e que, os que nos gobernaban, ademais de corruptos e persoas de dudosa honorabilidade, estaban todos manexados por escuros intereses. E en moitos casos tíñamos moita razón. Con todo, esquecíamos que a sociedade era sumamente complexa tanto a nivel interno como mundial.

A xustiza na picota

As verbas Xustiza e Picota sempre camiñaron xuntas pois a xustiza, durante moitos anos, aplicábase nas diversas Picotas ou Rollos, que eran lugares de castigo público nesta terra.

Vendedores de ilusións

Estamos en pre campaña para as municipais do ano que ven. E algúns grupos políticos espezaron a presentación dos candidatos na cidades e vilas de Galicia. Desta maneira, vendéndonos as súas virtudes e facendo un espectáculo cunha posta en escea cargada de promesas, empeza a preparación duns comicios que, segundo din os alcaldables, traerán para ós cidadáns unha prosperidade nunca vista.

Coa venda nos ollos

A negativa de varios grupos políticos a abrir unha comisión de investigación e a postura da fiscalía do Estado, dicindo que, os asuntos turbios coñecidos despois das declaracións de Corina sobre os manexos e representacións que implican ó rei emérito, son merecentes de moitas opinión das que resulta dificil absterse.

Revanchismo?

O tema de quitar a Franco, o chamado xeneralísimo, do mausoleo do “Valle de los Caídos” saca á luz cantidade de frases e calificativos case todos de parte interesada.

Cando a xustiza peta na túa porta

Hai uns días, dúas novas referidas á xustiza chamáronme a atención. Dúas determinacións que, ó meu modo de entender, non a deixan en bo lugar. Mellor dito. Deixan a xustiza co cú ó aire.

A xente sinxela é o modelo

Non busquedes modelos de persoas fora da xente sinxela, pode que haxa algún, pero poucos toparedes. A grande minoría que vive baixo tanto boato e poder, ten unha vida oculta que agocha moitas cousas negativas. Xeralmente non son modelo de nada bo, pois teñen un vivir farisaico e moi escuro.

Dúas propostas en positivo

Non é un acontecer recente. Tampouco é algo que non se anunciara con tempo. Mais nada se fixo, ou mellor dito, dende as diversas administracións públicas nada se aportou para remediar o tema da despoboación do rural galego e a conversión dunha importante parte do sector primario en mato degradado, en silveiras e, en definitiva, en abandono.