Artai, neno de 11 anos galegofalante: "Os que falan castelán tamén están politizados?"

Chámase Artai Miragaio. Ten 11 anos. Naceu e vive no barrio da Agra do Orzán, na Coruña. Estuda 6º de Primaria e 4º de clavecín no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Ten unha canle en Youtube na que vai narrando o seu día a día como galegofante. E nesta entrevista conta as súas impresións..."Vexo o futuro do galego moi mal", asegura.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/09/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

- Por que decidiches poñer en marcha Canal Artai, unha canle en Youtube?

Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube
Artai, neno galegofalante que conta a súa experiencia nunha canle de Youtube

Comecei hai tes anos ao comprobar que na televisión non había nada que ver interesante. Pensei que a mellor forma de facer unha televisión á miña maneira e en Galego era un canal de youtube. Collín o computador e fixen o canal. A miña intención era crear un canal de youtube en Galego, que neste momento pode haber só 50, mentres que noutros idiomas hai millóns.

- Nel tentas falar da túa experiencia como un neno galegofalante. Hai moitas dificultades para que os nenos da túa idade falen en Galego?

Hai, comezando porque á maioría das familias galegas non lles importa o Galego e iso afecta negativamente moito. E hai moitos avós, avoas, pais e nais que son galego falantes e aos seus fillos/netos non lles falan en Galego. Por outro lado, nas escolas e colexios, sobre todo os concertados,  non dan as materias que deberían en Galego.

- Como é a relación que tes cos teus amigos e amigas. Son todos e todas galegofalantes?

Artai Miragaia, un rapaz galegofalante
Artai Miragaia, un rapaz galegofalante | Fonte: remitida

Eu lévome normalmente ben con todo o mundo. Non, ao contrario,  son castelán falantes na gran maioría, menos algunha excepción.

- E os que falan habitualmente en castekán, tentan cambiar a galego cando están contigo?

Non normalmente. Raro que cambien.

- Decidimos contactar contigo logo de ver o famoso vídeo no que dicías que os nenos que falan en castelán son “analfabetos na nosa lingua”. Cres realmente que non saben galego?

Moitos de eles non saben falar nin escribir en Galego minimamente, porque non o aprenden ben nas escolas nin as familias se preoupan diso. Como moito enténdeno.

- E por que cres que se dá esta situación? Quen é o responsable disto?

A sociedade galega que non lle dá importancia á lingua nin á cultura propia.

- Supoño que na túa vida diaria tentarás convencer á xente do fermoso e útil que é falar en galego. Como o fas?

De primeiras, falándoo. En segundo lugar, tentando convencer à xente da súa utilidade e do perigo de que desapareza.

- E tes éxito? Hai quen cambie e decida falar en galego?

Non, é moi difícil ter éxito e mudar unha sociedade con esa mentalidade.

- Que pensan os teus profesores da túa postura lingüística?

Nunca se manifestaron nin a favor nin en contra, menos dous que si me apoiaron.

-Tras publicar a noticia no GC, houbo xente que comentou que estabas “moi politizado” e que iso era, en parte, responsabilidade dos teus pais. É isto certo?

Non creo que defender a lingua propia sexa estar politizado. Tamén entón poderíamos dicir que os que só se expresan en castellano están moi politizados?

- Falabas de que estiveches de vacacións en Cataluña e alí todos falaban catalán. Como foi esa experiencia?

Moi boa. Nótase que é unha sociedade moi diferente á nosa. Teñen moito agarimo á súa lingua, cultura e país.

- Sentiches envexa?

Sentín moitísima envexa.

Falaches con algúns nenos ou nenas sobre a situación lingüística de Galicia e Cataluña?

Non, aínda non, pero non estaría mal.

- Onde cres que poderías vivir sen que ninguén teña complexos falando en galego?

Eu non teño complexo por falar en Galego, todo o contrario. Falo en Galego, pero tamén podo falar sen problema en Castelán. En Portugal ou nalgunha aldea galega habería menos dificultades.

- E como ves o futuro do galego para os nenos e nenas da túa xeración?

Moi mal, nas cidades galego é rarísimo atopar un neno ou nena galegofalante, e no medio rural, cada vez van a menos.

- E algún consello para mellorar a situación actual?

Falarmos en Galego sen complexos e desfrutar da nosa cultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

21 SON

4. Mais pese as dificualtades e por moito que lles pese a moitos, entre eles personaxes como TPR e anonimo 7092, todo isto vai acabar coñecendose mais pronto que tarde porque as mentiras todos sabemos que teñen as patas moi curtas e os galegos acabarán coñecendo a súa verdadeira historia e autovalorándose como lle corresponde a un pobo (coa a súa correspodente cultura) que: a) é un dos poucos na historia e o único da Península Ibérica xunto con Castela que deron lugar polo momento a un estado moderno (Portugal); b) participou de xeito decisivo na conformación do actual Estado Español a través de Castela, un territorio que naceu como mero condado da Gallaecia e que se conformou como reino moi posteriormente (como ben di o refraneiro popular galego: “tiña Galiza reis antes que Castela leis”) e c) deu lugar a unha das principais linguas modernas do mundo e a cuarta mais falada xa por diante do francés: o português, ou galego-portugês ou galego, o mesmo da.

20 SON

3.Estou totalmente convencido que este historicidio, esta manipulación da historia tan brutal onde a Galiza e os galegos sempre aparecían como observadores alleos cando foron uns dos principais protagonistas da historia tanto no que despois sería España como Portugal, xunto coa feroz campaña de desprezo contra nós ligado ao antes relatado que aconteceu a partir da asimilación total por Castela (“antes putho que gallego”, “pasajeros al tren los gallegos también”, “ni perro, ni negro ni mozo gallego”, por certo idéntico ao “no blacks, no dogs, no Irish” dos ingleses aos irlandeses, e asi até un sinfín) fixeron unha ferida tan fonda na nosa sociedade que provocou esa baixísima autoestima e mesmo autoodio que sufre unha cantidade moi notable de galegos entre eles aqueles aos que me dirixo con este escrito. (segue depois)

19 SON

2. O mesmo ocorre con todas as fontes xeográficas da época (nelas tanto Oviedo como León, as sedes reais preferentes, situanse sempre na Gallaecia ao tempo que a capital política, onde estaba a chancelería, a intelligentzia do reino, sempre se mantivo en Santiago de Compostela, no bispado e arcebispado, do mesmo xeito que en Castela o chanceler real era o arcebispo de Toledo), e con todos os documentos coetaneos que se refiren a estes reis como reis de Gallaecia e non como reis de Asturias ou de León, sendo en escasísimas ocasións que ao lado de Gallaecia aparece tamén Asturias mais nunca soa mentres León sempre esta ausente. (segue despois)

18 Daniel F. Noquerol

Pódese defender o que se queira de forma pacífica, falar o que se queira como se fala en calquera pobo de Galicia. Pero o que non se pode é esconder a cara para usar a un neno de estandarte, pasar por caixa, e logo dedicarse a promocionalo con todo tipo de consignas cutres.

1 Sentidiño

Deixa tranquila a Greta Thunberg!

17 rpyu

"Miragaia" é un apelido portugués.