Os "compromisos" de La Voz

Un grupo de ex traballadores do xornal coruñés inicia un blog no que denuncia a deriva política e económica deste medio e o control dun "grupiño" directivo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2012 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Hai uns días, La Voz de Galicia despedía a tres traballadores con máis de 25 anos no xornal; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano e chegaba a un acordo con Fernando Salgado, ex conselleiro e ex secretario xeral de Medios, para que pasara de traballador a colaborador deste xornal. Son os últimos dunha longa xeira de despidos que continuará para cumprir o acordo acadado entre empresa e traballadores e que recolle 75 despidos.

None

 

Pero, tras a saída destes últimos xornalistas, un grupo de ex traballadores de La Voz, decidiu iniciar un blog no que relatan o que está a acontecer neste medio de comunicación desde que, segundo din, un "grupiño" de directivos, "encabezados por Santiago Pérez e Lois Blanco", xerente e director xeral, respectivamente, do Grupo Voz, se fixeron co control do medio.

 

"Deriva" de La Voz

 

Así, este blog denuncia a "deriva" de La Voz no laboral, profesional, comercial e informativo. "Los rectores del Grupo Voz están embarcando a La Voz, Radiovoz y V Televisión en compromisos político-económicos de valor exclusivamente táctico (algunos de los cuales son de índole personal, no empresarial), condicionando negativamente el futuro del grupo y perjudicando a gran parte de sus clientelas efectiva y potencial, además de a sus trabajadores", recolle.

 

Ademais, califica de "lamentable" a política informativa deste medio, "pues el deterioro y la pérdida de crediblidad dinamitan el negocio fundamental del grupo: difundir información y opinión, y en el caso de V Televisión también entretenimiento (Voz Audiovisual es, a fecha de hoy, la única empresa rentable y que no ha sido "contaminada")".

 

Por iso, acusan a ese "grupiño" de directivos de conformar unha organización do traballo xornalístico cuxa función é exercer un "estreito" control dos contidos, até o extremo de "dar instrucións" sobre o sentido das informacións ou opinións referidas a determinados feitos, personaxes, entidades, empresas, partidos e institucións.

 

Control da información

 

"Además, ese "grupito" veta la publicación de articulos a determinados periodistas y colaboradores, justificando esa censura con argumentos de orden personal o "de oportunidad", mezclándo todo con absurdas maquinaciones o escudándose en que la decisión obedece a intereses de empresa". Neste sentido, enmarca o control informativo que o medio fai de certos feitos e persoas. "En este sentido y a modo de ejemplo, durante los últimos meses destaca el rosario de simplezas que La Voz publica en torno a la fusión de las cajas y a la viabilidad de Novagalicia Banco, o campañas "pueriles" como la que La Voz mantiene desde hace varios años contra el Deportivo, o la que desarrolló contra el bipartito y más recientemente, contra el alcalde de Vigo", recolle este blog.

 

Este grupo de ex traballadores asegura que o editor e presidente do grupo, Santiago Rey, non é quen decide os contidos que publica La Voz, aínda que el "pense que si". "Sólo conoce lo que le "sirven" y sólo le "sirven" lo que él quiere oír, tanto en asuntos económicos como periodísticos", afirman ao sinalar que este "grupiño" é o que controla o grupo, tras comprobar que Santiago Rey "es un tipo fácilmente manejable si cultivaban su ego y no le abruman con los problemas cotidianos. Y a eso se dedican en cuerpo y alma".

 

Advertencias

 

Neste sentido, apuntan que todos os xornalistas, incluídos xefes de sección e delegados locais de La Voz, carecen de poder ou de influencia real na toma de decisións, máxime cando a noticia ou a opinión afecta a cuestións, episodios ou persoas relevantes ou de interese. E, por iso, lanzan unha advertencia aos que "gozan do amparo" deste "grupiño" de dirixentes porque "serán relegados cando sexa necesario". "O presidente quere que..., isto vén de arriba, debemos publicar isto...", son as frases habituais que utiiza este "grupiño", segundo os ex traballadores.

 

Ademais, denuncian que o afán por controlar de "forma sistemática" todas as informacións e opinións, primeiro en materia económica e empresarial e logo en asuntos socio-políticos, empezou a "ir máis aló do xustificable" a partir do ano 2002, aproximadamente, con Bieto Rubido á fronte da Redacción. E din que esa actitude acrecentouse co actual director, Xosé Luís Vilela, e "aumentou exponencialmente até alcanzar cotas autodestructivas" desde que Lois Branco foi nomeado director xeral da sociedade editora.

 

Vender La Voz

 

Por iso, denuncian que, á vista de como se xestiona o grupo, todo indica que o obxectivo final é vender La Voz pero, antes, "utilizala como fonte de beneficios", así como de "trampolín social e político".

 

"Y los asalariados, además de desaprovechados y precarizados, están invirtiendo fuerza de trabajo en una empresa que si sigue desnortada, seguirá agonizando y al paso de unos años fenecerá (salvo que ya haya sido vendida y la cúpula está haciendo la "limpieza" que el comprador ha exigido...)", sinalan.

 

Só Felix Soria, como ex xornalista de La Voz, asina algún dos artigos aparecidos neste blog. Precisamente, fontes do Grupo Voz consultadas por Galicia Confidencial destacan que é un blog "persoal" e non de "ex traballadores do xornal". En todo caso, aseguran que "non teñen nada que comentar ao que se di nun blog que fai unha persoa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

20 Rabuñán

Pois ollo ao parche, porque no veciño Principado de Asturies botou o peche un diario case centenario como era "La Voz de Asturias". E cando as barbas do veciños...

19 Pregunta aos da Voz

Cantos cartos levamos metidos xa os galegos nesta empresa privada?

18 Amador

Lo del blog es una gran idea. A ver si lo lee Santiago Rey y así se entera de lo que pasa en su empresa. Aunque en parte ya lo debe saber, porque cada vez que va al golf seguro que ve o alguien le cuenta que su gerente, santi perez, se pasa las tardes allí en lugar de estar trabajando para sacar adelante una empresa que le paga a precio de oro cada hora.

17 libelog

Con tanto resentido teorizando, puede parecer que La Voz es el único medio escrito que pierde lectores o despide. Pero no. La crisis es más bien global y El País o el Mundo preparan su segundo Ere. Su diario de referencia, Xornal, nació con el impulso de las subvenciones de un Gobierno amigo. Cuando perdieron las elecciones, el empresario de la construcción que los apadrinaba salió por la puerta de atrás dejando colgados a todos los trabajadores. Con este modelo pretenden dar lecciones a los demás?

1 P. Garcia

Comparar Xornal de Galicia (experimento novísmo que nació muerto) con La Voz solo lo puede hacer un empleado de La Voz o una persona que de empresas de comunicación sabe lo que un párvulo.

2 lucensis

La Voz vive también gracias al impulso de las subvenciones de un Gobierno amigo (por cierto, muchísimo más elevadas que las recibidas por cualquier otra publicación). Dado que en Galicia, como usted sabrá, practicamente siempre ha gobernado el Monopartito, la conclusión es evidente: los medios con los que cuenta son mejores, pero de ahí no se deduce una mejor información. Sus portadas y titulares son para estudiar como modelos de lo que es la gran manipulación (muy bien hecha, eso sí: la mayoría no se entera).

3 Bruar

Si, ben falado Lucensis; que camiño percorrerá La Voz? o de Fernanda Tabarés ou o de Blanco Valdez? Desatarase da miopia imposta polo dirixismo do monopartito ou fará prensa e TV aberta e plural?

16 Un que sabe do que fala

Polo que se ve aquí todo o mundo sabía que La Voz de Galicia era un panfleto do PP, sen embargo cando saiu Xornal de Galicia non moveron un dedo para que se asentara no Pais e puidera contrarrestar á Voz. Deixárono morer pouco a pouco porque nen o mercaban nen se suscribian. Hoxe todo son laios. Ao burro morto cebada ao rabo. Ainda estamios a tempo. Reivindico a creación dunha plataforma para resucitar a Xornal de Galicia (de quen é a cabeceira nestes momentos?). Formación dunha coperativa entre xornalistas e cidadáns que estean pola prensa independente e rigurosa. Adinate1

1 Euloxio

¿E quen porá a publicidade, listo?; máis grave aínda: ¿quen o mercará nos quioscos? Unha empresa, porque os xornais son empresas, non é un partido político.

2 lucensis

Se fose unha empresa, listo, viviría dos seus lectores. La Voz mantense non grazas aos seus lectores senón grazas ás subvencións (e pese a iso, mira os problemas que tén). Listo!

3 Euloxio

A Voz viviu ata hai 2/3 anos das vendas e da publicidade, e as subvencións aumentaban beneficios e facilitaban inversións. O seu problema económico e recente. Pola súa banda, Xornal de Galicia tivo pérdidas desde que naceu ata que morreu.

4 mariola

Amimo a los exvoz que los del grupillo son pocos y muy cobardes