Nova protesta na Xunta para denunciar que Feijóo "fai oídos xordos" ás demandas dos traballadores de residencias

Os sindicatos ameazan con continuar mobilizándose "durante todo o mes de xuño" para "frear a discriminación" dos empregados dependentes de Política Social.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Traballadores de Política Social da Xunta mobilizáronse este xoves para denunciar a súa "discriminación laboral". Coas mobilizacións deste xoves son xa 3 semanas seguidas as que leva manifestándose o persoal de atención directa para reclamar "a recuperación dos dereitos laborais recortados en 2012".

Trabajadores de residencias de Lugo protestan este martes
Trabajadores de residencias de Lugo protestan este martes

Os sindicatos convocantes demandan unha "interlocución" coa Conselleira de Política Social, á que acusan de "non ter sequera 5 minutos" para recibir ós representantes laborais "logo da máxima dedicación" amosada polos traballadores durante a crise do coronavirus.

Por esta razón, CIG, CCOO, CSIF e UGT anuncian que manterán o calendario de mobilizacións, que inclúe protestas durante todo o mes de xuño, para rematar coa "discriminación" que, según apuntan, sofren os traballadores de atención directa a usuarios fronte a outros colectivos.

En concreto, as organizacións sindicais demandan a compensación dos domingos e festivos traballados e o recoñecemento de xornadas de descanso adicionais por traballar en "días especialmente significativos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta