PuntoGal celebra o Día das Letras cunha oferta especial de dominios

O prezo máximo por un ano será de 15 euros + IVE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/05/2021 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

PuntoGal quere celebrar o Día das Letras Galegas e de Internet cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 15 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 15 e ata o 30 de setembro.

Campaña do PuntoGal para celebrar a festa do 25 de xullo de  2016 co lanzamento dun Documento Galego de Identidade, na imaxe o modelo de Rosalía de Castro
Campaña do PuntoGal para celebrar a festa do 25 de xullo de 2016 co lanzamento dun Documento Galego de Identidade, na imaxe o modelo de Rosalía de Castro | Fonte: dominio.gal

Ademais da promoción, PuntoGal pon a disposición de toda a comunidade galega na rede unha serie de 17 guías básicas para posibilitar o uso do galego na rede, tanto no ordenador coma no teléfono móbil, e nas solucións ofimáticas máis utilizadas. Estas guías, pensadas como manuais gráficos moi sintéticos, pódense consultan en dominio.gal/guias.

Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, INWX, CDMon, Blacknight, Openprovider, Entorno Digital, Radia Arsys e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

PuntoGal, que xa supera os 5950 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta