Cuíña aposta por unha confluencia para as autonómicas que Lores cualifica de "cerimonia de confusión"

"Estou convencido de que de fóra nunca virá remedio nin esperanza", di o alcalde pontevedtrés. Cuíña téndelle unha man ao Bloque e cre nececesario que participe nun gran pacto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/01/2016 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O alcalde de Lalín e membro da Executiva de Compromiso por Galicia (CxG), Rafael Cuíña, aposta por unha confluencia dos partidos nacionalistas e de esquerdas para as vindeiras autonómicas. Unha unidade que, sen embargo, o rexedor nacionalista de Pontevedra e membro da UPG, Miguel Anxo Fernández Lores, considera que é unha "cerimonia de confusión".

Rafael Cuíña durante as xerais apoiando a Nós-Candidatura Galega
Rafael Cuíña durante as xerais apoiando a Nós-Candidatura Galega | Fonte: nos.gal

Cuíña, que durante as pasadas eleccións xerais apoiou a marca coa que se presentou o BNG, Nós-Candidatura Galega, considera que, para as autonómicas é necesario un pacto entre as distintas formacións "desde unha formulación seria porque non todo vale".

"Hai que alcanzar a máxima confluencia posible para facer fronte ás políticas do PP tan prexudiciais para Galicia e porque é algo que a cidadanía nolo está demandando", dixo.

Sen embargo, a súa postura choca coa de Lores que considera que non é o momento de falar de acordos con outras formacións. "Eu non participarei en cerimonias de confusión, xa que estou convencido de que de fóra nunca virá remedio nin esperanza e de que a toma de decisións sobre o futuro de Galicia non pode estar supeditada a intereses alleos", dixo.

Unha posición que comparte cos pesos pesados da UPG como Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Bautista Álvarez ou Manuel Mera, quen nos últimos días tamén se manifestaron a favor de ir en solitario ás autonómicas. "Hai que ter confianza neste país e na capacidade que temos de saír adiante por nós mesmos", suliñou o alcalde pontevedrés. "O BNG é unha ferramenta imprescindible" para Galicia, xa que ten un longo historial de defensa sen concesións dos intereses do país", insistiu.

Xavier Vence con Miguel Anxo Fernández Lores nun acto do BNG
Xavier Vence con Miguel Anxo Fernández Lores nun acto do BNG | Fonte: DF

Lores posicionase, así, en contra do manifestado por Xavier Vence, ou Carlos Aymerich, partidarios de confluír coas mareas e con outras forzas nacionalitas. "O BNG ten que tomar unha decisión sobre o seu futuro na asemblea nacional do 28 de febreiro, onde o debate non debe ser se imos ou non con En Marea senón marcar unha liña clara e deixar de dar bandazos", manifestou.

Así, dixo que respecta a "decisión persoal" de Xavier Vence de non continuar como portavoz nacional do BNG e ve "razoable" que, tras quedar o BNG sen representación no Congreso dos Deputados, os "responsables" das últimas decisións tomadas no seo da formación "poñan os seus cargos a disposición do partido e haxa unha nova dirección".

Por iso, aposta por un "revulsivo" e por "darlle unha volta á formulación" da formación nacionalista xa que ten unha traxectoria que "sería unha pena que se perdese", dixo. Unha traxectoria, insistiu, que vai máis aló de limitarse a "ir en contra das políticas do PP", que é no que coinciden, apuntou, o resto das formacións de esquerda.

Cuíña, sabedor dos problemas internos do BNG, tendeu este mércores unha man a esta formación, un partido ao que, dixo, Galicia "ten moito que agradecerlle pola súa loita pola nosa cultura e a nosa identidade durante moito tempo".

Por iso, considerou que debe formar parte desta gran confluencia nun debate que, suliñou, debe realizarse non "diante dos xornalistas". "É necesario sentarnos a falar do futuro deste país con seriedade, partindo de proxectos políticos cribles e necesarios", argumentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 José

Nun país crecentemente ateo, Pilar Garcia Negro e Lores apuntanse ao colectivo Muecín para que o minarete non cale. Qué novena!

2 Pepópterus Funk

Viva¡¡¡¡ Vivaaa¡¡¡¡ Por fin todos untos (tamén Bautista do Unto). Agora amigos todos, temos que conquerir altísimas tasas de adhesión de chonis para acadar a felicidade absoluta. Se conseguimos atraer todos/todas os/as chonis de Galichonialand poderemos derrapar (facer drifting para os máis avanzados) todos e pasalo moi ben. As chonis aplaudirannos moito moito e ademais purificaremos o aire de Pontevedra co olor a gasolina e pneumáticos queimados. Despois xuntarémonos no gran CÍRCULO DOS CÍRCULOS queimaremos roda e posteriormente procrearemos todos xuntos, colectivamente para sacar este gran País que se chama Galichonialand, Galiza ou Galicia segundo a sensibilidade de cada un, da sua anemia demográfica. Acabaranse os SERMONS PALIZA, os MALICIA COMENENCIAL e iremos todos ao PRAZA amarnos comos irmáns. o PARTIDO COPULAR estará acabado para sempre.

1 Cimonchelo

Pois ala, a pelexar co Partido Animalista pola quinta praza. Ao 5% para entrar no Parlamento non chegan nin de coña.