Sen cambios nos gobernos das cidades galegas, segundo Sondaxe

PSdeG e BNG manterían os gobernos con apoios ou pactos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2025 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

As sete cidades galegas, Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e Ferrol, continuarían cos seus alcaldes actuais se se celebrasen agora as eleccións municipais, segundo a enquisa elaborada por Sondaxe e publicada este domingo por 'La Voz de Galicia'.

Nos próximos comicios municipais, que se celebrarán en maio de 2027, os socialistas revalidarían mandato en Lugo, A Coruña e Vigo. Así, na cidade olívica o PSOE obtería un 58,7% dos votos, o que lle concedería 18 edís --un menos que en 2023--. Con todo, a maioría absoluta do alcalde, Abel Caballero, non se vería afectada. Pola súa banda, o PP manteríase como segunda forza política e o BNG tería catro concelleiros, fronte aos tres actuais.

Na Coruña, o PSOE perdería un concelleiro, que cedería ao BNG que gañaría 3,3 puntos en estimación de voto con respecto aos anteriores comicios municipais. Nese contexto, os socialistas, --que gobernan en minoría-- para manter o bastón de mando necesitarían ao BNG. Pola súa banda, os populares crecería en estimación de voto e situaríase no 39,7%, pero mantería os seus 12 concelleiros.

Na capital galega, o BNG sobe en intención de voto e obtería un concelleiro máis --pasaría de seis a sete--, que arrebataría ao PSOE. Santiago é a cidade galega onde máis baixan os socialistas, 3,8 puntos con respecto ás anteriores eleccións, un escenario marcado pola crise derivada da expulsión de catro concelleiros.

Así, en Santiago o BNG sería a forza que máis crece e o PP, liderado por Borja Verea, aínda que sobe en intención de voto, mantería os mesmos concelleiros (11).

En Lugo, o actual bipartito PSOE-BNG podería seguir gobernando. Os socialistas perderían un concelleiro que recollerían os nacionalistas que soben 3,2 puntos con respecto aos anteriores comicios, sendo o partido cun maior aumento. Pola súa banda, os populares só soben unha décima en estimación de voto e manterían os seus 12 concelleiros.

En Pontevedra a situación manteríase igual que nas municipais de 2023. O actual alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que xa anunciou que encabezará as listas do BNG, repetiría o mesmo resultado --9 concelleiros e subiría un 1,3 en intención de voto--. Pola súa banda, os socialistas manterían os seu cinco edís e os populares serían o partido que máis sobe en apoios (2,1 puntos con respecto a 2023), pero tería os mesmos edís (11).

Polo que respecta a Ferrol, os populares, con José Manuel Rey Varela á fronte, manterían a súa maioría absoluta e soben 2,3 puntos en intención de voto. Todo iso, nun contexto no que o PSOE gañaría un concelleiro, pasando de sete a oito, que arrebataría a Ferrol en Común (que quedaría cun edil) e o BNG seguiría cos seu tres concelleiros.

En Ourense, Democracia Ourensá, o partido do actual alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, sería o máis votado, mantería os seus 10 concelleiros pero baixaría en estimación de voto --pasando do 33,7%, ao 32,2%--. Na cidade das Burgas a situación sería moi similar á dos últimos comicios municipais, cun único cambio: os socialistas perderían un concelleiro que gañaría o BNG.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, á súa chegada á estación de Vigo nun tren Avril de alta velocidade, a 5 de xaneiro de 2024, en Vigo, Pontevedra, Galicia.. Javier Vázquez - Europa Press - Arquivo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, á súa chegada á estación de Vigo nun tren Avril de alta velocidade, a 5 de xaneiro de 2024, en Vigo, Pontevedra, Galicia.. Javier Vázquez - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Deus nos colla confesados... a foto é reveladora... con dous anos máis levaremos 20 anos condenados aos caprichos do falabarato Abel. O Presidente de Renfe: Álvaro Fernández Heredia decide suprimir paradas do AVE Vigo-Madrid para que o Alcalde de Vigo cólguese a "medalla" da redución de 20 minutos na viaxe a Madrid. Coma se a infraestrutura fose da súa propiedade deciden negar o servizo aos usuarios que lles estorban enviándoos aos Fornos Crematorios do Transporte. O lercho decide cos seus "amigotes" excluír aos cidadáns que verán pasar o AVE de longo pola Gudiña, Sanabria, Medina del Campo e Segovia. Cando os dereitos non son universais, convértense en privilexios! Por desgracia os da Gudiña e os de Sanabria non votan nas municipais de Vigo. Outro que parece darlle de comer ao BNG é un tal Jácome en Ourense... Cousas veredes...